Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi
    Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks.
    Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.
    20 min
  • Efer 667 (28-3-24): Glicosa
    Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias
    (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática.
    (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica.
    (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence.
    55 min
  • Mate-glifos [Versión estendida]
    [Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos.
    Foto orixinal da carátula: Duvi
    37 min
  • Efer 666 (21-3-24): O número 666
    (2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
    (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia.
    (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos.
    Foto orixinal da carátula: Duvi
    Foto orixinal capítulo Yolanda Prezado: Alejandro González García. CiMUS
    56 min
  • Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo
    (2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez.
    (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o frass, que é un fertilizante que se obtén das larvas e as deposicións dos insectos.
    (35:38) Por que aínda non pisamos Marte? Postal Planetaria con Borja Tosar.
    55 min
  • Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche
    (2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros.
    (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península.
    (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista.
    (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano. As baterías dos coches eléctricos necesitan quilos deste material para seren eficaces. O xornalista Xavier Aldekoa percorreu os máis dos 4000 quilómetros do río Congo. Froito desta aventura xurdiu o libro "Quijote en el Congo" onde da testemuña da violencia, espolio e escravitude asociada á explotación deste "ouro azul".
    (44:24) Coñecemos o I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro de Bruxelas da man de María José Mariño (GAIN) e Alejando VIlar (Investigal).
    56 min
  • Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida]
    [Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
    47 min
  • Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático?
    (2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas .
    (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
    (44:30) Susana Ladra preséntanos o fito da computación a exaescala.
    57 min
  • Códices e tintas invisibles con Lucía Pereira [Versión estendida]
    Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.
    52 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.