Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 658 (25-1-24): 30.000 anos de ululofilia
    (1:40) Levamos 30.000 anos enfeitizados con bufos e curuxas. Co investigador da Estación Biolóxica de Doñana Juan José Negro recorremos esta historia de fascinación con estas rapinas nocturnas que nos ha levar desde os neandertais, pasando por uns misteriosos gravados en lousas da idade de bronce ata Harry Potter.
    (36:43) Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.
    57 min
  • Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas
    (3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxía depresiva asociada ao cancro de mama. En [email protected] ou no teléfono 647 34 42 31 pode contactarse con este proxecto para solicitar información.
    (18:18) A química coruñesa Victoria Muñoz do Centro de Astrobioloxía-CSIC simula e estuda os xeos que se atopan en lúas conxeladas como Europa ou Titán. Parte da súa investigación realizouna no JPL da Nasa. As lúas conxeladas do noso sistema solar presentan grandes masas de auga líquida e son as principais candidatas para o achado de vida fora da terra.
    (42:20) Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-portuguesa. O seu traballo está recollido na monografía "A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itineraium ad dominan"
    58 min
  • Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón
    (2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa.
    (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvolvido tecnoloxías de luxo.
    (48:11) Antonio Cagide gañou a segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun texto que relaciona o dogma central da bioloxía coa bica e uns determinados pelos do corpo.
    1 hr
  • Efer 655 (30-12-23): Un ano de ciencia, Parte II [Versión estendida]
    Segunda parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz.
    1 hr 10 min
  • Efer 654 (28-12-23): Un ano de ciencia, Parte I [Versión estendida]
    Primeira parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz Espinosa.
    Para debullar o achado do ano segundo Science, os novos medicamentos contra a obesidade, conversamos co catedrático de fisioloxía da USC e director do grupo de Obesómica Funcional do CIMUS, Carlos Diéguez.
    1 hr 4 min
  • Efer 653 (23-12-23): Centenarios e Dieta Atlántica
    (2:12) Un terzo dos habitantes da terra non teñen acceso a auga potable. Conversamos con Moisés Canle (UdC) e Silvio David Aguilar (Universidad Técnica Particular de Loja, Ecuador) do novo método innovador ASDIS, unha desinfección solar avanzada con fotocatalizador.
    (12:25) Nas provincias de Lugo e Ourense temos taxas de poboación centenarias das mais altas do mundo. Terán que ver coa Dieta Altlántica? Alberto Coelho e Pablo García Vivanco veñen de publicar un artigo de revisión que recompila as bases químicas dos efectos da Dieta Atlántica.
    (37:39) Dosi Veiga presentanos as fotos de Ceos Galego 2024.
    56 min
  • Efer 652 (14-12-23): Novas superbaterías
    (2:13) A Bitacora do Beagle de Julio Rodríguez comeza cunha nota de suicidio que sinala a un asasino inusual, unha bacteria transmitida por carrapatas.
    (12:36) Israel Temprano é investigador Beatriz Galindo na UdC onde está a poñer en marcha o Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética. Con el falamos das novas xeracións de baterías.
    (35:08) Estíbaliz Espinosa guíanos nunha excursión polas estrelas vermellas do ceo, o cinema e a literatura.
    57 min
  • Efer 651 (30-11-23): Eduardo Sáenz de Cabezón, @edusadeci, amor pola aprendizaxe
    (3:08) Achegámonos ao IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia para conversar co matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón que vai pechar o congreso da Asociación de Ensinantes de Galicia ENCIGA
    (29:03) O catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Benito Vázquez vén de gañar premio en ensino e divulgación da física da Real Sociedade Española de Física BBVA 2023.
    (42:57) Coñecemos o XXXVI Congreso da man de Inés García Seijo e Miguel Yebra.
    56 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.