Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 650 (23-11-23): Prismas 23 e IgNobel para as anchoas de Bueu
    (2:49) Un ano máis argallamos un faladoiro "prismático" cos gañadores dos premios Primas á divulgación dos Museos Científicos Coruñeses. Contamos con Julio Bernues, Almudena Martín, Laura Farré, Eugenia Angulo, Javier Armentia, José Edelstein, Elena Lázaro y Rogelio Sánchez Verdasco.
    (40:26) Un estudo atopa que actividade sexual nocturna das anchoas en augas de Bueu remexe efizcamente a columna de auga. Este traballo gañou o premio Ig Nobel 2023 na categoría de física. Unha das autoras é Beatriz Gómez Carballido (CIM-UVigo).
    56 min
  • Efer 649 (16-11-23): A mercé das redes
    (2:31) Lluis Montoliu (CNB-CIS) debúllanos a nova da creación nun laboratorio chinés de monos quiméricos que naceron de dous embrións distintos.
    (24:43) Borja Tosar envíanos un telegrama planetario con información sobre a misión Osiris.
    (30:13) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. Vén de publicar "A merced de las redes.”
    1 hr 1 min
  • Efer 648 (9-11-23): Choiva extrema
    (1:34) Os papamoscas holandeses amosan como poden responder as especies ós desaxustes do cambio climático. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla xunto coas predicións ornitolóxicas.
    (14:47) Damián Insua do Laboratorio de Extremos Hidroclimáticos da Universidade de Gante explícanos como funcionan os ríos atmosféricos e as orixes das choivas extremas
    (41:07) Maite Vence lévanos de visita de turismo científico ás Pontes de García Rodríguez.
    (46:53) No espazo de GAIN, Sabela Pardo preséntanos o Programa Misións para apoiar grandes proxectos de I+D+i con potencial transformador sobre a economía e sociedade galegas.
    1 hr
  • Efer 647 (2-11-23): Estrelas desde Armenia
    (3:59) A directora da Casa das Ciencias na Coruña, Bibiana García Visos, fálanos do centenario dos planetarios de proxección electromecánica.
    (13:36) Aproveitamos a Guía do Ceo de outono co noso estreleiro Jabier Pérez Couto para coñecer a súa estadía de investigación no observatorio astronómico de Byurakan en Armenia. Tamén felicitamos á presidenta da Agrupación Astronómica IO, Denévola Álvarez, polo premio da Crítica.
    (49:29) No espazo de GAIN en Efervesciencia, Sabela Pardo, preséntanos o programa de impulso á participación galega en Europa.
    55 min
  • Efer 646 (26-10-23): Marine Instruments, os satélites galegos dos océanos
    (2:48) Desde Porriño Marine Instruments monitoriza todos os océanos cunha constelación de boias para a pesca con seguemento por satélite. Visitamos as súas instalacións co alumnado da Universidade Laboral de A Coruña que participa no certame AntarticLab do CSIC.
    (29:25) Debullamos o nobel de física pola tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos con Fernando Martín, catedrático da UAM.
    57 min
  • Efer 645 (19-10-23): Os primeiros poboadores de América
    (3:00) Laura Veiga fálanos do primeiro transplante en España dun útero funcional
    (13:23) O arqueólogo arxentino Gustavo Politis explícanos como 16.000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquistou rapidamente todo o continente americano de norte a sur.
    (44:34) Verónica Salgueiriño debúllanos o premio nobel de química outorgado aos puntos cuánticos.
    www.efervesciencia.org
    56 min
  • Efer 644 (12-10-23): A comunidade cuántica galega
    A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA con Luis Orosa, Antón Rodríguez Otero e Rebeca Garcia Fandiño, ao Vigo Quantum Communication Center con Marcos Curty e Manuel Fernández Veiga, pasando polo Fujitsu International Quantum Center con Almudena Justo Martínez. Galicia ten moito que dicir en computación e comunicación cuántica.
    56 min
  • Efer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X
    (3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana.
    (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight.
    (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que chegan ao que non ven os raios X. Pablo Cabanelas é un dos responsables de Neutron Insights.
    (49:40) No espazo de GAIN María José Mariño preséntanos a IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
    www.efervesciencia.org
    56 min
  • Efer 642 (12-7-23): Minerais, de Haüy á Ermeloíta
    (1:16) A portada de Nature desta semana chama a atención sobre a presenza de plásticos nas augas doces e arrecifes. Un dos artigos deste número analiza a presenza de plásticos en lagos de auga doce de todo o mundo. Parte de este estudo realizouse en Galicia por un equipo da UdC, entre eles Moisés Canle que dirixe a cátedra EMALCSA-UDC.
    (10:45) Visitamos no Colexio de Fonseca na USC a exposición "MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta" onde coñecemos o último mineral descuberto en Galicia. Temos o gusto de conversar con Óscar Lantes, Marcos González, Xoana Pintos, Juan Manuel Cutrín e Mónica Mura.
    (41:07) Laura Reyes Sánchez é a presidenta da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo. Conversamos con ela e Agustín Merino García ao fío do proxecto "Plantando cara al fuego"
    55 min
  • Efer 641 (5-7-23): Obradoiro de radio
    (1:51) Últimos días para inscribirse no concurso de monólogos científicos "Ciencia Calidade"
    (7:56) Unha vez ao ano en vez de perseguir nós aos científicos, son eles os que veñen aos nosos estudos para ver como se fai a radio. Contamos con Leticia Tobalina Pulido, Adriana Barros, Yeray Folgar, Luz Castro e Cinthia Piñeiro.
    (43:32) María José Mariño preséntanos as actividades de cine familiar e campamento do proxecto D´Tec do GAIN
    (48:21) Achegámonos á Praza da Ciencia das Festas do Barrio de San Pedro en Santiago
    56 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.