Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos
    (2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira.
    (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org
    56 min
  • Efer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio
    (1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG
    (10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial.
    (14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio), Cristina Naya (docente de didáctica das matemáticas na UdC) e Julio Rodríguez Taboada (AGAPEMA).
    (41:54) Faladoiro sobre a intelixencia artificial con Susana Ladra e Leonor Parcero na nosa sección "O algoritmo poeta". www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica
    (3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos.
    (34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada.
    (38:46) Un comentario en Nature Astronomy fai un chamado para loitar con medidas drásticas contra a contaminación luminosa da luz artificial e os satélites de órbita baixa. Conversamos con dous dos seus autores, Raul Lima (investigador da Escola Superior de Saúde do Politécnico de Porto e do Instituto de Astrofísica e Ciencias do Espazo da Universidade de Coimbra) e o noso colaborador Martin Pawley.
    57 min
  • Efer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución
    (0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade.
    (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de doutoramento data gaitas segundo o gastado que teñan os furados do punteiro.
    A esta conversa engadímoslle o profesor da facultade de medicina da USC e experto en xenética de poboacións, Antonio Salas. Salas ten lanzado o proxecto "Sensogenomics" para medir como muda a expresión de diferentes xenes coa exposición á música.
    www.efervesciencia.org
    55 min
  • Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada?
    (3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos".
    (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da auga reciclada.
    (32:40) Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?
    58 min
  • Efer 626 (8-3-23): Vaxinodiversidade animal
    (4:13) Clara Mendoza, investigadora de doutoramento do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, participou na segunda edición de "Lanternas de Ciencia" achegando a súa visión de María Wonenburger. Tamén conversamos con Jaime Amaro da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC.
    (14:55) As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de formas, e sen querelo, mesmo rematou no centro dun furacán mediático. Actualmente Patricia Brennan é investigadora do Mount Holyoke College, en Estado Unidos.
    (43:19) Rafael López Loureio preséntanos o Día do Naturalismo Galego instituído en honor de Martín Sarmiento.
    56 min
  • Patricia Brenan, pioneira no estudo das vaxinas animais [Versión estendida]
    [Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de formas, e sen querelo, mesmo rematou no centro dun furacán mediático. Actualmente Patricia Brennan é investigadora do Mount Holyoke College, en Estado Unidos.
    www.efervesciencia.org
    37 min
  • Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego
    (2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG).
    (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego.
    (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC) gañou o premio de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na categoría de investigadores mozos polos seus traballos en detección de desinformación sanitaria con ferramentas de AI.
    www.efervesciencia.org
    59 min
  • Efer 624 (22-02-23): Ancora, no top 50 das startups mundiais
    (2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.
    (27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento.
    (38:15) Ancora é unha Spin-off da Universidade de Vigo que axuda a transmitir a informacións aos traballadores das industrias 4.0. Foi seleccionada na lista Top 50 startups do mundo do 4YFN23 Awards. www.efervesciencia.org
    56 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.