Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Mapas visuais no cerebro
    O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos
    19 min
  • Efer 617 (01-01-23): Vacinas contra o virus respiratorio sincitial e outros achados do ano [Efer Piano Bar 2]
    Programa especial de primeiro día do ano 2023 onde continuamos a contar e contar a mellor ciencia de 2022. Edición efervescente realizada con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. O xefe de Pediatria do CHUS, Federico Martinón, debullounos un dos achados do ano, as novas vacinas contra o virus respiratorio sincitial.
    58 min
  • Efer 616 (31-12-22): O "Golden-eye", o campión do ano [Efer Piano Bar 1]
    Programa especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano.
    57 min
  • Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina
    (1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario.
    (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra.
    (23:55) Seguimos a coñecer a Rof Codina da man de Diego Conde
    (35:53) Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David García Dios.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 614 (25-12-22): Comportamento do can de palleiro
    (1:48) Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.
    (10:45) A doutora veterinaria Ángela González Martínez é especialista en medicina do comportamento animal no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo. Con ela conversamos sobre o comportamento do can de palleiro, os trastornos de déficit de atención en cans, ansiedade por separación ...
    (30:29) No faladoiro "O algoritmo poeta" coas nosas colaboradoras Susana Ladra e Leonor Parcero analizamos o ChatGPT 3
    59 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.