Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos
    (2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval.
    (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias.
    (38:15) Tense parado o núcleo da terra? Segundo uns titulares alarmistas si. Borja Tosar desfai a confusión nunha nova Postal Planetaria. www.efervesciencia.org
    56 min
  • Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena
    Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena.
    Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, cazadores de meteoritos e nova ciencia. Andrade tivo que desenvolver novas ferramentas para poder estudar a traxectoria do bólido que orixinou o meteorito.
    Neste programa monográfico tamén contamos co noso estreleiro @astroxabi Xabier Pérez Couto; Jordi Llorca, catedrático de Química da Universitat Politécnica de Catalunya; e o noso pianista, Juanjo Fernández, que recreou a música que emitiu o bólido mentres ingresaba na atmosfera. www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 621 (1-2-23): Desinformación científica
    (1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.
    (15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do "Informe sobre Desinformación Científica" da FECYT. Curiosamente a fonte máis confiable para a información científica é a radio, pero necesitamos máis alfabetización mediática da sociedade.
    (36:48) Con Maite Vence percorremos as baterías militares de Ferrol.
    (42:39) "A foto 51" son unhas novas xornadas de divulgación científica organizadas polo Concello de Pontevedra que terán lugar o 11 de febreiro. Conversamos coa Concelleira de Cultura Carme Fouces
    1 hr 1 min
  • Efer 620 (25-1-23): Comer igual, resultados distintos: Nutrición de precisión con José Mª Ordovás
    (2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira "Wicho".
    (16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo de a que hora se come. Conversamos con José Mª Ordovás, que dirixe o laboratorio de Nutrición e Xenómica da Universidade de Tuffs en Bostón.
    (42:07) Estíbaliz Espinosa edita o conto "O Universo de Dona Pega" do planetarista da Casa das Ciencias Juan Carlos Medal "Jaitos". O texto foi recollido por Borja Tosar.
    58 min
  • Efer 619 (18-1-23): Máquina do tempo para atrapar proteínas editoras de xenes con @LluisMontoliu
    (2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa
    (9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha "maquina do tempo". Un dos asinantes do artigo en Nature Microbiology é Lluis Montoli (CNB-CSIC) con quen falamos.
    (37:26) Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
    56 min
  • A sorpresa arqueolóxica da Muradella
    No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.
    A imaxe da carátula é unha infografía de María Álvarez Fernández e Carlos Otero Vilariño.
    20 min
  • Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon
    (1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais.
    (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro.
    (33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun "cairn" do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.