Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Amena Karimyan, o país onde as mulleres teñen prohibido ollar ao ceo
    Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel.
    Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Domus.
    10 min
  • Efer 640 (28-6-23): As aventuras do Gran Triángulo [Radioteatro]
    A principios do século XIX dous franceses en galego viven sorprendentes aventuras para medir un gran triángulo sobre as Baleares e a costa levantina. O seu obxectivo completar a medición do metro. O mesmo Jules Verne faríase eco destas aventuras nunha das súas novelas. Con Francisco Díaz Fierros, autor da novela "O gran triángulo", os actores César Goldi, Avelino González e Manuel Fernández, e o pianista Juanjo Fernández, radiodramatizamos algunhas desas historias
    56 min
  • Efer 639 (21-6-23): Voamos sobre Lugo con @aberron e @borjatosar
    (2:11) Levamos por sorpresa ao xornalista Antonio Martínez Ron a voar sobre Lugo nunha avioneta pilotada polo noso colaborador Borja Tosar. A mellor escusa para falar do seu libro "Algo nuevo sobre los cielos"
    (32:09) Anunciamos a vindeira "Regueifa de Ciencia" dedicada aos eólicos e a súa compatibilidade co medio ambiente.
    (34:50) A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica - Divulgacción en colaboración co Consello da Cultura Galega promove o proxecto Voces de Ciencia de recuperación da memoria sonora dos nosos investigadores e investigadoras galegos xa xubilados. Unha ollada ós protagonistas da ciencia galega do século XX na voz en primeira persoa dos seus protagonistas. Dentro deste proxecto hoxe imos coñecer a vida do químico Luis Castedo contada por el mesmo. www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 638 (14-6-23): Noite Efervescente de poesía e radioteatro
    Celebramos a novena Noite Efervescente desde a Casa de Rosalía en Padrón. A nosa pequena festa inclusiva da astronomía coa participación da Asociación AMIPA e a Andaina pola Saúde Mental. A nosa anfirioua é María López Sandez. Participan os nosos colaboradores Martín Pawley, Xabier Pérez Couto, Borja Tosar e Nacho Munilla. E con radioteatro ao vivo nas voces das actrices Victoria Fernández, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN
    (2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG
    (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir dunha mostra do seu ADN. Face-Fit está facendo un chamamento para conseguir máis voluntarios, especialmente homes. Conversamos con Elena Freire Aradas e Adrián Ambroa.
    (46:04) O programa "Fábrica Intelixente" abre a súa 5ª edición. Cóntanolo Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN.
    (52:48) Avance da Noite Efervescente. www.efervesciencia.org
    56 min
  • Efer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiais
    Modifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual". Unha iniciativa de ciencia de vangarda en humanidades liderada desde Santiago polo INICIPIT, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. X-Scape recibiu 10 millóns de euros do consello Europeo de Investigación.
    Conversaremos con Felipe Criado (director do INCIPIT) e Luis Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant). Tamén asistiremos á realización dun dos seus experimentos con María Silva e Jina Zagui. www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 635 (24-5-23): As ecuacións da vida
    (2:01) Alberto Pérez Muñuzuri é investigador do grupo de física non lineal da USC. O noso convidado vén de publicar como un modelo de difusión química de 3 substancias xera por autorganización estruturas moi semellantes ás dos seres vivos, ó estilo de membranas ou orgánulos. Quizais a complexidade da vida xurda espontaneamente coa receita correcta. Aínda non demos con ela e mesmo non sabemos se algún día a atoparemos.
    (33:02) Conversamos sobre a perspectiva de xénero en biomedicina con Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e Marta Macho, investigadora en matemáticas da Universidade do País Vasco e responsable do proxecto "Mujeres con Ciencia". www.efervesciencia.org
    55 min
  • Efer 634 (17-5-23): Braganza
    (1:58) Asistimos en Braganza ao congreso da Rede de Comunicación de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (SciCom Pt). Conversamos con Ivone Fachada, Vera Novais, Mariana ALves, Pampa García Molina, Ana Sánchez, Antonio Grando, Luisa Masarani e Joana Magalhaes.
    (37:30) Paseamos por Braganza coa botánica Marisa Castro que vive desde hai anos en Tras-os-montes. Conversamos sobre a súa novela "A saga das curandeiras" e sobre plantas tóxicas, comestibles e curativas. www.efervesciencia.org
    56 min
  • Efer 633 (10-5-23): Galiciencia 23
    (0:01) e (50:03) Acudimos á nosa cita anual con Galiciencia, a maior feira científica de Galicia que organiza Tecnópole. Conversamos con Jesús Bande, Nieves Lorenzo, Lourdes González Sotelo, Ana PIñeiro Sotelo, Miguel Leiva, Vicente Mohedano, Javier Taibo e Sabela Bouzo.
    (40:39) Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel.
    Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Domus.
    57 min
  • Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores
    (2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura.
    (24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiraciencia que convoca a delegación do CSIC en Cataluña. Estíbaliz Espinosa vai impartir obradoiros creativos para posibles participantes.
    (39:49) Presentamos aos participantes da Regueifa de Ciencia dedicada á legalización do cannabis. Coa participación de Manuel Isorna, Patricia Amiguet, Fernando Rodríguez de Fonseca e José Carlos Bouso. www.efervesciencia.org
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.