Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 682 (19-9-24): Gripe aviar na Antártida e outas historias do Congreso Nacional de Viroloxía
    (0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais.
    (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a gripe aviar vai causar estragos na Antártida o vindeiro verán. Falamos tamén con Jesús López Romalde (coordinador do comité organizador) e Juan García Arriaza (CNB-CSIC).
    (29:50) Na nosa segunda mesa de convidados contamos con Carmen Rivas (CIMUS), Ana Fernández Sesma (Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York) e Albert Bosch (Universidade de Barcelona).
    57 min
  • "Adeus ao factor de impacto" con Isidro Aguillo [Versión estendida]
    [Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro Aguillo, vicedirector do Instituto de Bens e Política Publicas do CSIC e director do laboratorio de cibermetría.
    49 min
  • Efer 681 (12-9-24): A revolución de avaliar a ciencia con ciencia
    (2:46) O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola
    (30:38) A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro Aguillo, vicedirector do Instituto de Bens e Política Publicas do CSIC e director do laboratorio de cibermetría.
    57 min
  • Efer 680 (5-9-24): O ensino da xeoloxía desde o Xeoparque Montañas do Courel
    Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT.
    (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e co presidente da AEPECT, o profesor da Universidade de Girona David Brusi.
    (32:51) Coñecemos o Xeoparque Montañas de Courel da man do seu coordinador científico, Daniel Ballesteros, e de Roberto Castro, presidente da Asociación Montañas de Courel
    57 min
  • Efer 679 (30-6-24): Arte, CERN e o IGFAE
    (2:02) A Igrexa da Universidade da USC acolle a exposición "Instrumentos de Visión" con fotografías de Armin Linke para conmemorar o seu 25 aniversario e os 70 anos do CERN. Conversamos sobre ciencia, arte e a historia da física de partículas en Galicia co director do IGFAE Carlos Salgado e Mónica Bello, comisaria da exposición e responsable de "Art at CERN".
    (36:00) Novo episodio de "Voces da Ciencia": Ana Vietez, a cultivadora de árbores in vitro. Unha entrevista de Iolanda Casal, Elena Corredoira e Manuel Vicente.
    57 min
  • Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos
    (1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón.
    (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos sobre micorrizas e microenxertos cos profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo da USC Santiago Lamosa e Juan Luis Fernández. Tamén contamos con Helga Peral de XuvenLab e o alcalde de Pobra do Brollón, José Luis Maceda.
    57 min
  • Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]
    [Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo.
    Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán.
    A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández.
    As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado. Coñeceremos con Nacho Munilla algunhas das aves que podemos ver, e escoitar na lagoa de Sobrado.
    E todo isto coa compaña dos amigos da asociación AMIPA, da asociación a Maristela e a ONCE de Santiago.
    1 hr 22 min
  • Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia
    (2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez.
    (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
    (19:33) A directora do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC Aurora Grandal é a pioneira en estudar o rexistro fósil galego. Comezou a súa carreira estudando o oso cavernario. É especialista nos mamíferos do cuaternario en Galicia. Tamén formou parte do equipo multidisciplinar que estudou a Elba, a muller do mesolítico que é o resto humano máis antigo atopado na nosa comunidade. Tamén conversamos co espeleólogo e investigador Marcos Vaqueiro.
    (51:21) Anunciamos a X Noite Efervescente.
    57 min
  • Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida]
    [Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa.
    38 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.