Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Rankine, o enxeñeiro poeta [Entrevistas no Alén]
    Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.
    8 min
  • Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida]
    [Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.
    53 min
  • Efer 709 (24-4-25): A revolución dos nanoparafusos con Luis Liz Marzán
    (3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.(41:45) Eferméride do 24 de abril do "Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez" (42:55) Previa á celebración do Festival CinVigo co director do CINBio Miguel Correa e a profesora do CPI Progreso de Catoira Marta Fernández.
    56 min
  • Efer 708 (18-4-25): Doar e validar voces para que as IAs entendan todas as entoacións do galego
    (2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Para isto, mediante unha variante do método Rankine orgánico aproveitan a calor residual dos motores e a recuperación de parte do gas natural que se perde por evaporación.
    (21:49) Ruta de Turismo Científico das Cerdeiras de Pontedeume con Maite Vence.
    (27:06) Desde o Instituto da Lingua Galega conversamos co dialectólogo Francisco Dubert sobre os traballos de doazón e validación de voces do Proxecto Nós. O obxectivo é conseguir que as intelixencias artificiais comprendan todas as entoacións e variedades do galego.
    56 min
  • Efer 707 (17-4-25): SciCom Pt desde Madeira
    Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo intraespecífico en estorniños.
    58 min
  • Efer 706 (10-4-25): O radon espreita nos centros de traballo
    (2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses.
    (30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
    (31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Pública, e directora do Laboratorio do Radon de Galicia. O gas radon é unha asasino silencioso que tamén espreita nos centros de traballo, aínda que polo de agora se lle ten dado moi pouca atención legal e empresarial a este risco laboral.
    57 min
  • Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida]
    [Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
    A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.
    49 min
  • Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida]
    [Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.
    52 min
  • Efer 705 (4-4-25): Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento
    (5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento.
    (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez
    (24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
    A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.
    57 min
  • Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN
    (2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence
    (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez
    (8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos.
    (40:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
    (43:32) Como ver a eclipse de sol do 29 de maio con Dosi Veiga.
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.