Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas?
    (2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra. (28:51) Efeméride do 2 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:46) Guía do ceo de primavera con Xavier Pérez Couto. (37:13) O cometa 3I/Atlas é o terceiro obxecto interestelar que foi detectado visitando o noso sistema solar. Un equipo do CITIC da UDC, no que participou o noso colaborador Xabier Pérez Couto, empregou datos da misión Gaia para intentar reconstruir a traxectoria orixinal de Atlas no pasado. Os datos apuntan a que pode tratarse dun obxecto moi lonxevo, quizais tanto como a nosa galaxia. Cando conversamos con Xavier o traballo estaba en revisión, finalmente foi publicado en Astrophysical Journal.
    56 min
  • Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas?
    (2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra. (28:51) Efeméride do 2 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:46) Guía do ceo de primavera con Xavier Pérez Couto. (37:13) O cometa 3I/Atlas é o terceiro obxecto interestelar que foi detectado visitando o noso sistema solar. Un equipo do CITIC da UDC, no que participou o noso colaborador Xabier Pérez Couto, empregou datos da misión Gaia para intentar reconstruir a traxectoria orixinal de Atlas no pasado. Os datos apuntan a que pode tratarse dun obxecto moi lonxevo, quizais tanto como a nosa galaxia. Cando conversamos con Xavier o traballo estaba en revisión, finalmente foi publicado en Astrophysical Journal.
    56 min
  • Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas
    (2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada "Insectópolis". Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei" que nos levará a analizar a vixencia do afamado test de Turing. (29:53) A miopía está a converterse nunha auténtica epidemia global, pero quizais o problema non sexan só as pantallas, senón a falta de luz natural nos nosos ollos. Conversamos con José Manuel Alonso (College of Optometry, Universidade Estatal de Nova York), que lidera unha investigación pioneira sobre como a cantidade de luz que chega á retina pode ser clave no desenvolvemento da miopía. Cando lemos en interiores ou en pantallas a pupila contráese para enfocar mellor, de tal xeito que á retina chega dez veces menos luz ca en circunstancias análogas no exterior.
    1 hr 1 min
  • Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón
    (2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo por detrás de China e mais Chile.
    O problema é que nas últimas campañas a produción deste molusco ten descendido e cómpre preguntármonos que vai pasar no futuro e cal vai ser a incidencia do cambio climático neste recurso sostible e único co que contamos en Galicia. Para iso conversamos co profesor de investigación honorífico do CSIC Uxío Labarta.
    (23:16) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
    (24:18) A primeira parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei" danos pe para falar de que a IA nin é tan intelixente nin tan artificial...
    55 min
  • Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA
    Monográfico dedicado a coñecer os proxectos "IGNICIA Proba de Concepto" da Axencia Galega de Innovación.
    (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade.
    (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia artificial para mellorar o tratamento das feridas crónicas.
    (32:41) Moncho Núñez tráenos a efeméride do lapis con goma de borrar no seu Calendario da Historia da Ciencia.
    (33:43) Camilo Prieto (responsable de aplicacións de láser de AIMEN) explícanos o proxecto L3DO de impresión láser 3D de materiais de altas prestacións demandados pola industria aeronáutica, espacial e da automoción.
    (42:14) Faustino Castro, tamén de Gradiant, achéganos a DOKKEN, unha nova spin-off que automatiza a xestión documental en empresas mediante IA, facilitando a dixitalización de procesos complexos.
    58 min
  • Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses
    (4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade
    (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro "Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol". Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares.
    (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron relátanos a aventura dos globos aerostáticos na eclipse de 1905 e o misterio das “serpes solares”.
    55 min
  • Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta
    Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa.
    Nos anos 30 do século XX, Fernando Calvet foi un catedrático de química innovador na docencia e na investigación. As novas autoridades franquistas desterran e expulsan a Calvet da súa cátedra na Universidade de Santiago. Calvet resiste e logra grandes fitos na industria farmacéutica, mesmo coa aquiescencia do réxime que quixo afogar a súa vida. Unha historia de solidariedade e mérito científico que se ramifica en direccións inesperadas, algunhas en bicicleta, e que chegan a hoxe en día.
    57 min
  • Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns
    (3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña).
    Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada (Marsi Bionics/CSIC), pioneira no desenvolvemento do primeiro exoesqueleto robótico do mundo para nenos e nenas con enfermidades neurolóxicas.
    (38:35) Repasamos a primeira aplicación da penicilina no “Calendario da historia da ciencia” de Moncho Núñez.
    (40:25) Falamos tamén con Antonio Oliviero (Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo), presidente da Sociedade Española de Estimulación Cerebral, que explica como os campos magnéticos permanentes producidos por potentes imáns poden aliviar dores e mellorar síntomas neurolóxicos.
    A nosa web oficial www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro
    (3:36)  Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto.
    (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez.
    (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio Barro, que adaptamos á radio, imos tratando diferentes cuestións en torno á Intelixencia Artificial. Sobre a súa historia, os seus impactos e as derivadas éticas das Tecnoloxías Intelixentes. Hoxe comezamos cun texto titulado "A extinción de persoas e máquinas" no que a lingua humana é a protagonista.
    57 min
  • Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde
    (2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto.
    (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado pola Agrupación Astronómica Io. Os seus estudos amosan diferenzas entre Galicia e o norte de Portugal no aproveitamento da luz e nos hábitos alimentarios.
    (29:00) O calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lévanos ao descubrimento do hidróxeno.
    (30:18) Coa psiquiatra Iria Veiga, @rainhavermella, abordamos os mitos sobre a esquizofrenia.
    (40:09) Luís Carral (CITENI, Ferrol) preséntanos un estudo sobre a viabilidade de crear arrecifes artificiais feitos con ecoformigón de cunchas de vieira no que colaboraron os restaurantes con estrela Michelin de Galicia. Só estes establecementos producen un 12% do refugallo anual de cuncha de vieira de Galicia.
    59 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.