Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Desde onde nos presenta 'Terra' Xurxo Mariño?
    Xurxo Mariño presenta en Efervesciencia o seu libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" editado por Xerais desde un lugar secreto.
    Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloXurxo? ou cólgaa no noso facebook ata o 21 de abril de 2017.
    30 min
  • Todo sobre os cabalos de mar
    Levamos os nosos micros ao laboratorio de cabalos de mar do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. O noso anfitrión é o investigador Miquel Planas do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes. Sabías que nestes peixes quen queda embarazado é o macho?
    32 min
  • Mira quen fala: Os virus tamén conversan
    No noso Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira temos falado en moitas ocasións da comunicación entre bacterias á hora de lanzar un ataque. Un recente artigo de Nature dá conta que os fagos (virus) poden entender os sinais químicos dos seus antecesores pra decidir se matar ou so infectar ás súa vítimas.
    10 min
  • Científicos galegos "marisquean" na Antártida
    Os participantes do proxecto de investigación liderado pola Universidade de Vigo "Procesos ecolóxicos e bioxeoquímicos asociados á descomposición de algas en praias de Bahía Foster na Illa da Decepción" veñen de rematar a súa estadía de investigación na Antártida. Conversamos co investigador do CSIC Luis Sampedro.
    16 min
  • Jazz e psiquiatría con @rainhavermella
    Coa psiquiatra Iria Veiga facemos un percorrido histórico dos mitos e malentendidos entorno a psiquiatría e a doenza mental. Nesta viaxe deixámonos acompañar con gusto por grandes do jazz que nalgún momento da súa vida tiveron que ser tratados polas súas doenzas mentais.
    27 min
  • A mentira da electrólise da auga con @david_ciencia
    Se facemos a electrólise a unha auga comercial e se pon moi escura e fea significa que está mala? Non, non e non. Nolo conta David Ballesteros de Ceo Aberto, @david_ciencia.
    A electrólise é un experimento caseiro moi doado de facer. Mándanos a foto da túa experiencia.
    11 min
  • A educación como ciencia e arte con @mininacheshire
    Educar é unha ciencia e unha arte ao mesmo tempo. Conversamos con Fátima García Doval, @mininacheshire, sobre neuromitos en educación e como a tecnoloxía e o movemento "maker" son unha fantástica ferramenta para traballar cos alumnado con diversidade funcional.
    29 min
  • Efer 392 (9-4-17): O superpoder de ensinar
    Conversamos con Fátima García Doval, @mininacheshire, sobre neuromitos en educación e como a tecnoloxía e o movemento "maker" son unha fantástica ferramenta para traballar cos alumnado con diversidade funcional.
    Se facemos a electrólise a unha auga comercial e se pon moi escura e fea significa que está mala? Non, non e non. Nolo conta David Ballesteros.
    Co espazotrastornado Wicho analizamos a viabilidade dos Falcon 9 de SpaceX, o canto do cisne de Cassini en Saturno e a órbita cemiterio dos satélites xeoestacionarios.
    59 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.