Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 391 (2-4-17): Unha tarde no hipódromo dos cabalos de mar
    Levamos os nosos micros ao laboratorio de cabalos de mar do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. O noso anfitrión é o investigador Miquel Planas do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes. Sabías que nestes peixes quen queda embarazado é o macho?
    Jaime Bosch do Museo Nacional de Ciencias Naturales fálanos do ranavirus que esta a diezmar as pobacións de anfibios na Serra da Estrela, e tamén en Galicia. Un colaboración da Axencia SINC.
    Sabiamos que as bacterias se comunicaban quimicamente antes de lanzar un ataque. Agora un grupo israelí vén de demostar que os virus tamén falan entre eles. Con Esteban Fernández Moreira.
    59 min
  • Con A de Astrónomas
    A astrónoma da USC Josefina Ling preséntanos a exposición “Con A de astrónomas” que se pode ver na “Casa das Artes” de Vigo ata o 14 de maio de 2017.
    5 min
  • Lobo amado, lobo odiado... lobo descoñecido?
    O biólogo Pedro Alonso leva tres décadas estudando o lobo. Actualmente as pobacións galegas atópanse estabilizadas, pero curiosamente temos a percepción de que agora hai máis lobos que antes. Terán algo que ver os medios neste estado de opinión? Por que é os lobos son considerados como seres case míticos nas cidades, e pola contra no rural se ven como un problema?
    32 min
  • Parabéns Dolly... pero ti de quen vés sendo?
    Con Manuel Collado - Laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS-CHUS - analizamos a creación da ovella Dolly no seu 20 aniversario. Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Nesta historia houbo quen levou a fama, e quen traballou arreo e non veu recoñecido o seu traballo.
    18 min
  • No lab de xenética de poboacións con Antonio Salas
    Visitamos no IDIS o laboratorio de xenética de poboacións do investigador Antonio Salas. Os traballos deste grupo lévannos a falar de meninxite, menoritas, expansión humana en Ámerica, racismo, pericia forense,... e música. Que relación ten un nocturno de Chopin coa xenética?
    35 min
  • Efer 390 (26-3-17): Mitos psiquiátricos coa @rainhavermella
    Coa psiquiatra Iria Veiga facemos un percorrido histórico dos mitos e malentendidos entorno a psiquiatría e a doenza mental.
    Visitamos a Illa Decepción na Antártida da man do biólogo do CSIC Luis Sampedro.
    Coñecemos os participantes da nova "Regueifa de Ciencia" dedicada á alimentación.
    58 min
  • Efer 387 (5-3-17): Mates en bares e guerra de patentes
    Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas.
    A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT liderado por ription>
    9 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.