Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • A guerra de patentes do CRISPR: primeiro asalto [con Lluís Montoliu]
    A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT liderado por Feng Zhang. Un tribunal de patentes estadounidense ven de determinar que a técnica de Zhang para aplicar CRISPR en células eucariotas é patentable e non interfire coa demanda de patente máis xenérica presentada pola Universidade de California aínda sen resolver. As espadas están no alto, e mesmo pode pasar que sexa necesario pagar licencias aos dous bandos para traballar nestas tecnoloxías nos laboratorios privados. Atentos.
    20 min
  • "Repensar o cribado do cancro de mama" con Manuel Vilches
    Nesta entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches e editor do blog de divulgación en en física médica "Desayuno con fotones" analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama.
    As principais revistas de investigación en medicina teñen prestado unha atención importante a este problema. Agora cómpre que os investigadores o cuantifiquen, e que as autoridades sanitarias o tomen en consideración.
    30 min
  • A túa carta astral en dous minutos [Postal Planetaria]
    Visitamos en segredo ao astrólogo Borjus para que nos faga a nosa carta astral. Infórmanos da posición exacta dos planetas sobre o fondo fixo de estrelas o día e a hora na que nacemos. Pero cando lle preguntamos sobre o noso futuro quedámonos coa palabra na boca...
    Esta é a web que utilizou Borjus
    http://www.heavens-above.com/skychart2.aspx?lat=0&lng=0&loc=Unspecified&alt=0&tz=UCT
    10 min
  • A aplicación para conectar as enfermidades raras: My Leaf
    Carlos Martín Guevara de "Sombra Doble" preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Moi útil para os doentes, pero tamén para os sanitarios. Mediante técnicas de análise de datos a aplicación busca usuarios que teñan os mesmos síntomas aínda que estean sen diagnosticar.
    12 min
  • A fascinante escritura visigótica con Ainoa Castro
    A escritura visigótica é o equivalente á tipografía Times New Roman medieval da Península Ibérica. En Galicia sobreviviu ata o século XIII como forma de resistencia e identidade cultural.
    A investigadora Marie Curie no King´s College de Londres Ainoa Castro é especialista en paleografía dixital. Castro contounos a fascinante historia desta escritura e todo o que os paleógrafos poden aprender pescudando nos trazos dos escribas.
    27 min
  • Efer 386 (26-2-17): Raras. Visigótica. Astral.
    Carlos Martín Guevara de Sombra Doble preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras.
    Descubrimos a escritura visigótica da man da paleógrafa do King´s College Ainoa Castro. Unha historia fascinante dunha caligrafía que foi signo e seña da nosa terra.
    Borjus fainos a nosa carta astral e sabemos da visita do nóbel Erwin Neher á Coruña.
    59 min
  • Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo
    Nunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama.
    En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia".
    A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celular mais consistente.
    56 min
  • Peixes e nanotecnoloxía contra as lesións medulares
    O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. Barreiro vén de lanzar un proxecto de microachegas na plataforma Precipita para conseguir fondos para mercar librerías de fármacos para a súa investigación.
    No Hospistal Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula.
    25 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.