Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Mates e volcáns con Rosa Sobradelo
    A Rosa Sobradelo sempre lle apaixonaron as matemáticas… e as ciencias da terra. Antes de conseguir o seu sono esta rianxeira fixo empresariais, estudou matemáticas en New York, traballou de bioestatística nun hospital, en Wall Street para JP Morgan Chase,… Ata que asentou en Londres onde é investigadora do Departamento de Ciencias da Terra no University College de Londres. Alí aplica os seus coñecementos matemáticos á vulcanoloxía, creando modelos de perigosidade e risco que axuden a tomar decisións en caso de erupcións, como a da Illa de El Hierro nas Canarias.
    Entrevista emitida o 25-1-15 no programa 312 de Efervesciencia.
    27 min
  • Os mundos de Phill K. Dick con María Vázquez
    "Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick
    Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan.
    28 min
  • Son ambiente de #ulowicho. Pista 3/5
    Así soa o epicentro do sitio no que se agocha Wicho cos seus nativos dixitais. Esta é a pista 3 das 5 que imos dar.
    Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto.
    Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro.
    http://www.ivoox.com/desde-onde-presenta-wicho-los-nativos-digitales-no-audios-mp3_rf_16831580_1.html
    1 min
  • O nobel Torsten Wiesel na Coruña
    Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.
    10 min
  • Efer 383 (5-2-17): Educar para o mundo dixital
    Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire
    Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.
    As investigadores Dolores Salgueiriños e Mª José Calderón preséntannos a iniciativa 11defebrero.org para celebrar o día da nena e a muller na ciencia.
    57 min
  • Desde onde presenta Wicho 'Los nativos digitales no existen'?
    Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto.
    Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro.
    Daremos pistas todos os días.
    Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire
    28 min
  • Confusións e timos ao redor da auga
    O catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede, algúns deles surrealistas.
    16 min
  • GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira
    Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.
    12 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.