Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 380 (15-1-17): Inventos disruptivos e baratos
    A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.
    Cunha filosofía semellante un equipo da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €.
    Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental "Esquece Monelos", cóntanos como unha cidade pode engulir un río.
    A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vacina a partires de agora?
    57 min
  • Ilustraciencia no MUNCYT
    O MUNCYT da Coruña acolle ata finais de febreiro a exposición da cuarta edición de Illustraciencia, o premio internacional de ilustración científica. Conversamos co seu coordinador, Miquel Baidal.
    10 min
  • As proteínas delatan ao anisake
    Conversamos con Mónica Carrera, investigadora do IIM-CSIC no grupo de Química de produtos mariños, e membro do equipo que ven de ser distinguido co Premio de Investigación Erenesto Vietez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu método de detección rápida de anisake.
    7 min
  • Paleoclimatoloxía na Patagonia
    A investigadora Marta Pérez estudou no Lago Hambre da Patagonia a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas.
    Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio.
    20 min
  • Efer 379 (8-1-17): Testemuñas climáticas
    Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio. No Lago Hambre da Patagonia estudou a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no Holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas.
    Con Borja Tosar lembramos a cosmóloga Vera Rubin.
    Miquel Baidal preséntanos Ilustraciencia.
    Conversamos con Mónica Carrera, investigadora do IIM-CSIC no grupo de Química de produtos mariños, e membro do equipo que ven de ser distinguido co Premio de Investigación Erenesto Vietez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu método de detección rápida de anisake.
    57 min
  • Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio
    Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.
    58 min
  • Con Gabriela González de LIGO, a investigadora do ano
    A listaxe de Nature das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia en 2016 está encabezada pola física arxentina Gabriela González. Gabriela González, a "espía da gravidade" segundo Nature, é a portavoz de LIGO, o experimento que en 2016 iniciou a astronomía das ondas gravitacionais.
    Conversamos con Gaby González da man do físico e divulgador da USC José Edelstein e coa participación tamén do experto en gravidade Jorge Pullin.
    24 min
  • Albinismo: desde el Kilimanjaro hasta al CRISPR
    A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía. O grupo de Montoliu ten achegado importante coñecemento ao estudo desta condición xenética.
    27 min
  • Chagas en España, parasitos en Etiopía... desatendidas no mundo
    A médica Míriam Navarro traballa na loita integral contra o Chagas en España. Arancha Amor contra os parasitos en Etiopía. Alí teñen evidenciado a presenza de strongiloides, unha doenza esquecida ata na listaxe de enfermidades desatendidas da OMS.
    Ambas pertencen á Fundación Mundo Sano - coordinada en España por Juan José de los Santos con quen tamén falamos - que pula por un mundo sen enfermidades desatendidas.
    24 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.