Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 377 (25-12-16): As enfermidades desatendidas
    Un de cada seis habitante do noso planeta sofre unha doenza desatendida de doada solución médica. Coñecemos os traballos da fundación "Mundo Sano" da man do seu coordinador Juan José de los Santos. As médicos Míriam Navarro e Arancha Amor cóntannos o seu traballo de loita integral contra o chagas en España e a helmintiase en Etiopía, respectivamente.
    A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía.
    57 min
  • Seis visións da ciencia e da radio
    Conversamos cos participantes no "6 Obradoiro comunicar ciencia na radio" que organiza Efervesciencia. Unha interacción na ondas entre unha bióloga, unha avogada, unha psicóloga, un científica do mar, unha formadora e un biólogo.
    27 min
  • Efer 376 (18-12-16): A radio ten moita ciencia que contar
    Conversamos cos participantes no "6 Obradoiro comunicar ciencia na radio" que organiza Efervesciencia.
    Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia.
    Con enxeñeiro de telecomunicación da Universidade de Vigo Martín López Lores explicamos por que todos os anos de toca a regalar á mesma persoa no amigo invisible.
    David Ballesteros recoméndanos catro xoguetes creativos tecnolóxicos para agasallar estes días.
    57 min
  • "Duelo en la Antártida" de Javier Cacho
    Da man de Javier Cacho reviviremos a epopea da conquista do Polo Sur. Cacho é físico, científico e escritor, e actualmente dirixe a Unidade de Cultura Científica do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial). O noso invitado é o autor de “Amudsen-Scot: Duelo en la Antártida” editado por Fórcola. Por outro lado, Javier Cacho sabe de primeira man o que é ter pasado un inverno na Antártida…
    Loitar, buscar, atopar e non renderse xamais
    Emitido 5-10-13
    32 min
  • Efer 375 (11-12-16): Talento na cámara anecoica
    O doutor enxeñeiro en telecomunciacións Martín López Nores é unha estrela da televisión chinesa polas súas capacidades resolvendo sudokus 3D a cegas e outros complicados problemas de enxeño. Coñecemos a súa historia grazas a talentogalego.com. E así foi como acabamos todos xuntos nunha cámara anecoica nun programa cheo de conexións e nexos inesperados.
    57 min
  • "Coidar a pedra, coidar o patrimonio" con Benita Silva
    Podemos saber como vai envellecer unha pedra de granito? Está xustificada a limpeza da catedral de Santiago? Pode ser o remedio peor ca enfermidade? Que facer coa serradura das canteiras de granito?
    Agradable conversa con Benita Silva, coordinadora do Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC, que leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas "pedras".
    26 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.