Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC]
    Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.
    10 min
  • Están seguros os nosos datos xenómicos? Conversa con Ana Marzo
    Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.
    18 min
  • Efer 372 (20-11-16): Especial Prismas 2016
    Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.
    Desvelamos o misterio de "U-lo Aberrón" e coñecemos da man da axencia SINC un orixinal método para traspasar a barreira hematoencefálica para a liberación de fármacos creado polo bioenxeñeiro Carlos Sierra.
    59 min
  • "Previremos o alzheimer antes que curalo", conversa con Jordi Camí
    Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazón tamén teñen efecto como reserva cognitiva.
    24 min
  • Se non o vemos onde é que está o Aberrón?
    Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro "El ojo desnudo". A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas.
    Se afinas as orellas, estás atento as pistas e cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloAberron? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de novembro.
    Daremos pistas todos os días.
    18 min
  • Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura
    Analizaremos a protección que teñen os nosos datos xenómicos coa avogada Ana Marzo, saberemos do primeiro documental en cine mudo sobre a relatividade de Einstein con Martin Pawley, e exploraremos a historia da visión e a luz da man do xornalista científico Antonio Martínez Ron.
    59 min
  • Crossover Efervesciencia-FalaMelide con Javier Cristobo
    Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Xunto Inés, Elisa, Xanaia, Carlos, Carla, Ana e Paco entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo. Cristobo é o investigador español que ten participado en máis expedicións á Antártida.
    16 min
  • Verne, o divulgador científico
    "Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade"
    O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.
    26 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.