Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 368 (23-10-16): As cigarras son traballadoras
    Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016.
    Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb.
    Viaxamos ao Paris de 1903 para coñecer como o vidro de seguridade tivo a súa orixe nunha serendipia.
    Conversamos cos gañadores do Premio de Transferencia de Tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias.
    59 min
  • Efer 367 (16-10-16): A maxia da Noite Efervescente no observatorio de Cotobade convertida en radio
    Por cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirio xuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón (Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña).
    Nesta festa da astronomía para todos tivemos un pouco de lúa, ceo estrelecido e a mellor compaña. Unha experiencia que é posible revivir grazas a maxia da radio.
    55 min
  • Illantes topolóxicos con Joaquín Rossier #nobel16
    Certos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane e Kosterlitz.
    14 min
  • Efer 366 (9-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields
    Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas:
    - Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque.
    - Joaquín Fernández Rossier dirixe o proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL)
    - A nosa colaboradora Rosa Pedrido, profesora de química da USC
    Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.
    Escoitamos as declaracións do matemático Cédric Villani na súa visita a Compostela no programa Conciencia, xunto con apuntamentos de Jorge Mira.
    59 min
  • Noite Efervescente e Astrogalicia 2016
    Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño.
    Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Sirio,e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.
    A Noite Efervescente 2017 terá lugar no observatorio de Cotobade o sábado 8 de outubro ás 22 h. Estades todos invitados.
    5 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.