Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 365 (2-10-16): A que distancia están as estrelas?
    Está ben medida a distancia tradicional ás Pleaides? Que datos achega a misión Gaia? A astrófisica da UdC Minia Manteiga explícanos por que coñecer a distancia as estrelas máis próximas é imprescindible para todas ás áreas da astronomía.
    Agustín Agra gañou o último Inspiraciencia co relato "Déjà vu" que dramatiza maxistralmente César Goldi.
    Lluis Montoliu preséntanos o “Acordo de transparencia sobre o uso de animais en experimentación científica en España” .
    Con Dosi Veiga e Martín Pawley coñecemos como se van levar a cabo o Astrogalicia 16 e a Noite Efervescente, astronomía para todos en Castrelo de Miño e Cotobade.
    57 min
  • Quen era Julio Palacios?
    A curiosidade non matou o gato,senón que sen curiosidade atrofiamos un chisco a nosa mente. Curiosidade como a que tivo o investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC, Josep Mª Oliva cando se dedicou a revisalos números da revista Alemá Annalen der Physik do ano 1926 cando Schrodinguer, o do gato, publicou a fórmula da súa famosa ecuación da función de ondas.
    Entre estes artigos de Annalenk, Oliva atopou un asinado por un español, un tal Julio Palacios. Pescudando neste personaxe descoñecido pra el, reparou que este investigador esquecido era un dos mais grandes científicos españois do século XX.
    Pra homenaxear á figura deste físico celebrouse este verán na Universidade da Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios.
    6 min
  • Helfgott, o matemático que deixou o campo base
    O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos.
    Conversamos con Helfgott no reitorado da UDC en Coruña no I Simposio Julio Palacios.
    15 min
  • Ordenadores cuánticos con Ignacio Cirac
    O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas - capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais - pero na práctica os sistemas cuánticos se resisten a deixarse manipular.
    Un dos científicos que máis ten contribuído á carreira do ordenador cuántico é Ignacio Cirac, do Instituto Max Plank de Óptica Cuántica. Conversamos con Cirac aproveitando o seu paso por A Coruña no I Simposio Julio Palacios.
    13 min
  • Palabras pentavogálicas [A chave de cristal]
    Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes: Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas redes ou a [email protected]
    6 min
  • Concurso de Tuinguels
    Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel
    Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais.
    Prazo ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Todas as bases en http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/concurso-de-tuinguels/
    12 min
  • Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott
    Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742.
    Ademais tamén poremos a proba a vosa creatividade con dous concursos que inauguraremos hoxe: tuinguels e a Chave de Cristal.
    59 min
  • O encrucillado da avoa [Promo verán 16]
    2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade.
    Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada?
    1 min
  • Efer 363 (10-6-16): Astronomía para gozar este verán
    Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016.
    Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia.
    Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo de medicina xenómica da USC - é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da "sincronización" entre os dous xenomas que portamos nas nosas células - o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento.
    No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsar ós mellores investigadores mundiais en biomedicina.
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.