Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 361 (27-06-16): Aprender a argumentar e razoar científicamente
    Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias.
    Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC.
    Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.
    59 min
  • Diabesidade con Sulay Tovar
    A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II na pobuación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.
    19 min
  • Xuício á fonética forense con @mcatanzaro e Jordi Cicres
    Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación,... o proxecto de investigación xornalística Hearing Voices expón as eivas da fonética forense ao longo do continente. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra sobre que as posibilidades e limitacións desta disciplina.
    27 min
  • Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz
    A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as limitacións e posibilidades da fonética forense. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra.
    A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II. O grupo Diabesidade que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.
    LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao puro estilo Star Trek.
    59 min
  • Que gañan os investigadores coa divulgación? con @ScientiaJMLN
    Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímco José Manuel López Nicolás visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencias as ciclodextrinas de Nicolás grazas ao seu blog de divulgación. E este foi o inicio dunha proveitosa colaboración científica.
    17 min
  • De como un auténtico Leeuvenhoek rematou en Galicia con Tomás Camacho
    O único microscopio Leewenhoek autentificado do mundo pertence á colección dos médicos Pallas-Camacho. Actualmente se exhibe no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar de Micrographia de Robert Hook. O doutor Tomás Camacho cóntanos como adquiriu esta xoia en e-bay pola que pedían 50 €. Unha historia fascinante onde as haxa.
    Tamén conversamos co restaurador de artesanía e instrumentos científicos Rafael San Marcial.
    25 min
  • Efer 359 (12-6-16): O misterio do microscopio atopado na lama
    Contamos a incrible historia do microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e valorado como o mais valioso dos microscopios históricos.
    O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek.
    No "Circo de bacterias" de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como xenes fluorescentes de bacterias poden acabar en árbores ou para cifrar mensaxes.
    A divulgación tamén pode retroalimentar a investigación. Un caso real é o de José Manuel López Nicolas, @scientiaJMLN, e Ismael Martinez, responsable de proxectos de Feiraco.
    58 min
  • Leeuwenhoek en Entrevistas no Alén
    "Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Paises Baixos"
    Entrevistamos ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén. A sección na que conversamos cos grandes investigadores de todos os tempos.
    15 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.