Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • A maior cámara do mundo busca a materia escura desde Teruel
    Ramón Iglesias Marzoa é astrónomo técnico no observatorio astrofísico de Javalambre en Teruel do Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón. Desde alí van facer unha completa cartografía 3D do ceo para medir a enerxía escura. Para iso van empregar a maior "cámara fotográfica" xamais construída.
    23 min
  • Cociña con Ciencia con Pepe Solla e Graciela Ramilo
    Estás listo para cociñar - con ciencia - con Pepe Solla?
    Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade.
    E este é obxectivo do proxecto de divulgación "Cociña con Ciencia" do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT.
    12 min
  • Novos e vellos virus con Carmen Rivas
    Que se coñece do ébola, zika e outros virus? Por que estamos agora máis expostos aos virus emerxentes?
    Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4.
    24 min
  • Efer 356 (22-5-16): Virus emerxentes
    Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4.
    A cociña é un laboratorio de química que todos temos na nosa casa. Co programa "Cociña con Ciencia" do @iim_csic coordinado por Graciela Ramilo podes cociñar co gran Pepe Solla e aprender a facelo con seguridade alimentaria.
    Inauguramos sección de ciencia e cine con @pawley co capítulo "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema e de como o cinema axudou ao progreso da astronomía".
    59 min
  • O negro na arte con Deborah García Bello
    Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...
    11 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.