Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • No Cajal Winter de Sanxenxo I
    Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
    3 min
  • Previa do xeolodía 16
    Falamos cos organizadores en cada provincia galega do "Geolodía 16", desde a visita ás "praias" da Fonsagrada ata o imperial monte Pindo, pasando polas Pozas de Melón e o campus da Universidade de Vigo. O "Geolodía" é unha iniciativa da "Sociedade Xeolóxica de España"
    9 min
  • Polbos, espectadores vulnerables nas Cíes
    O documental "Un espectador vulnerable" recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto "Cefaparques". Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos.
    Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de investigación EcoBiomar do IIM-CSIC.
    14 min
  • Criptografía para comparar listaxes de pasaxeiros
    É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos.
    7 min
  • Efer 352 (24-4-16): Radiografía á divulgación galega
    Neste programa íntegro facémoslle unha radiografía á divulgación científica en Galicia da man de Xurxo Mariño e Iolanda Casal, coñecemos o proxecto de conservación de cefalópodos Cefaparques, explicamos como se pode garantir a privacidade e seguridade dos pasaxeiros dos avións e ao tempo compartir listas de sospeitosos de terrorismo, e presentamos a unha empresa pioneira na hidroponía en Galicia.
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.