Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Avance da primeira Regueifa Científica: transxénicos
    Regueifas de Ciencia son debates intelixentes sobre temas apaixonantes. A USC apadriña este novo formato de divulgación inspirado nos debates estilo Oxford. Dous poñentes por cada bando e un tema polémico. Con votación e preguntas do público en directo
    A primeira Regueifa versará sobre: Son os transxénicos unha opción valida?
    Avance con J. M. Mulet, José Luis Yela, Blanca Ruibal e Laura Sánchez Piñón.
    10 min
  • Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma
    Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie.
    Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron ao mesmiño Darwin a falar del na súa sexta edición da "Orixe das Especies".
    Wicho tráenos as útlimas novas da misión ExoMars, preséntanos Naukas Coruñas e nos anticipa libro sobre os nativos dixitais (que no existen).
    Realizamos un pequeno anticipo sonoro de Regueifas de ciencia con @jmmulet @BlancaRuibal @joseluisyela
    56 min
  • Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade
    "Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick
    Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan.
    "O perigo das mascotas nas illas" é a última produción de Divulgare. Unha realidade incómoda que nos contan Luis Navarro e Iván Rodríguez Arós "Esfenodón".
    Pablo López de Gciencia preséntanos o concurso "Contar a Ciencia"
    55 min
  • Efer 347 (20-3-16): Formigóns armados
    "A veracidade dos materiais de construción: formigón, ladrillos e pedra manterase en tódolos edificios construídos ou por construír" Le Corbusier
    Con Manuel Herrador do Grupo de Investigación en Construción da Universidade de A Coruña falamos sobre a historia do formigón armado.
    Emilio Molina denuncia o perigo das pseudoterapias que sosteñen que toda enfermidade se cura coa mente.
    Desvelamos #ondaestáMira.
    Coñecemos o alcance do último gran descubrimento de Atapuerca, a secuenciación de ADN nuclear de restos da Sima dos Osos de hai 430.000 anos, da man do paleantropólogo Ignacio Martínez da Universidade de Alcalá.
    @silviomendes de @viveraciencia Preséntanos o centro @cienciaviva de Guimarães.
    57 min
  • A dendroarqueóloga Marta Domínguez Delmás
    A dendrocronoloxía é algo mais que contar aneis nas árbores. A dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás estuda a orixe e datación de restos arqueolóxicos de madeira empregando técnicas dendrocronolóxicas. Esta investigadora participa na acción Marie Sklodowska-Curie ForSeaDiscovery que pescuda o uso da madeira nos imperios ibéricos na época dos descubrimentos.
    Por outro lado Marta Domínguez ven de publicar en PNAS unha validación de naufraxios como proxy dos furacáns no Caribe. Con sorpresa climática incluída.
    26 min
  • Aberto o concurso de relatos "Ciencia que Conta 16"
    O Concurso de relatos inspirados na ciencia "Ciencia que conta" chega a súa 8ª edición. Prepara lápis e papel para participar. Hai categorías de escolares e de público xeral. Os finalistas verán as súas obras en papel. Ademais os de Efervesciencia faremos as nosas recreacións radiofónicas dos relatos gañadores. Prazo aberto durante o mes de marzo.
    6 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.