Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • '¿A que altura está o ceo?' con Jorge Mira
    Jorge Mira presenta en Efervesciencia o seu segundo libro "¿A que altura está o ceo?". A conversa facémola desde un desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáMira? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de marzo.
    O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.
    18 min
  • Efer 346 (13-3-16): Dendroarqueoloxía
    Nesta edición efervescente coñeceremos á dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás. Os aneis das árbores proporcionan unha información valiosa que pode servir desde para saber como se forxaron os imperios navais español e portugués ata pra coñecer indirectamente a influencia das manchas solares na frecuencia de furacáns tropicais.
    Con Bibiana García Visos sorprendémonos dos usos dos resortes.
    Presentamos o libro de Jorge Mira: ¿A que altura está o ceo?. Se queres participar no sorteo dun exemplar so tes que dicirnos #ondeestámira? nas redes sociais.
    58 min
  • Al-Kimia: O Videoxogo da química
    Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade.
    Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia.
    Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal?
    Estamos encantados de facer a presentación mundial do videoxogo Al-kimia. E non foi un gran estudio que tivo a boa idea de facer un videoxogo no que esta de fondo a historia da química, senón a facultade de química da USC. Conversamos coa súa decana Pilar Bermejo, e Beatriz Legerén que é profesora de videoxogos no departamento de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo.
    11 min
  • Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos
    "Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta"
    Jacques Custó
    Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do CO2 que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC estuda á evolución da acidez no Atlántico Norte. Nunhas poucas décadas poden desaparecer os arrecifes de augas frías.
    Facemos a presentación mundial do videoxogo Al-Kimia, damos a coñecer a nova convocatoria do concurso de ralatos Ciencia que Conta, desvelamos #ondaestáDeborah? e vamos de Postal Planetaria con David Bowie e Borja Tosar.
    58 min
  • Unha cebra de auga nos laboratorios con Laura Sánchez Piñón
    Conversamos coa catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón. Preséntanos as investigacións que realizan no grupo ACUIGEN utilizando como modelo ao peixe cebra. Un exemplo delas son as súas pescudas en xenotransplantes e toxicidade de nanopartículas.
    Tamén falamos con Lois Anxo Rodríguez Calvo do CPI San Sadurniño do proxecto "Unha cebra na auga".
    Entrevista emitida o 12-4-15 no programa Efer 323.
    29 min
  • A malaria e o indio Pedro Leyva: Circo de Bacterias
    No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.
    12 min
  • Xestión forestal na nube con Eucatool
    Alberto Rojo, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago preséntanos Eucatool, unha aplicación dixital para estimar a produción das plantacións de eucalipto.
    Con Eva Rodríguez da Axencia SINC.
    7 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.