Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Epixenética con Roberto Agis
    A epixenética é a ponte que une a xenética co medio. Por exemplo, só cunha dieta diferente actívanse 500 xenes nas abellas que acaban diferenciando ás raíñas das obreiras. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
    27 min
  • Efer 351 (17-4-16): Un post-it sobre o xenoma
    Imaxinemos que lle damos a dúas persoas un mecano xunto coas súas instrucións. Nun dos manuais introducimos aleatoriamente post-it que non deixan ler parte do texto. Probablemente os resultados finais sexan diferentes aínda que partindo das mesmas instrucións. Dun xeito similar funciona a epixenética. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
    O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia.
    Xurxo Mariño convídanos á presentación do "Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia" no Consello da Cultura Galega.
    43 min
  • Emmy Noether en "Entrevisas no alén"
    Esta tarde en Efervesciencia contaremos coa raíña das simetrías, porque este é o único programa do mundo mundial que conta con liña directa co alén onde moran as mentes mais privilexiadas da historia mentres os seus corpos crían malvas dous metros baixo terra.
    Da nosa convidada dixo Albert Einstein que foi o mais significativo dos xenios matemáticos creativos desde que se estableceu a educación superior para as mulleres. Hoxe en entrevistas no Alén, Emmy Noether.
    Emitido o 5-4-15.
    15 min
  • A orixe da vida con Carlos Briones
    "Hai unha diferenza de 2500 millóns de anos entre a aparición da vida e a da morte na terra" Carlos Briones
    Conversamos en profundidade con bioquímico Carlos Briones (Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC) sobre a orixe da vida ao fío do seu libro "Orígenes: el universo, la vida, los humanos" coescrito con José Mª Bermúdez de Castro e Alberto Fernánez Soto, con quen tamén falamos.
    29 min
  • O cabo Ortegal está niquelado
    A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de niquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambeintal e sanitaria.
    9 min
  • Efer 350 (10-4-16): Na busca da orixe da vida
    As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de "lasaña" prebiótica. Conversamos a fondo co bioquímico Carlos Briones do INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta.
    Ricardo Prego é bioxeoquímico do IIM-CSIC. O seu equipo ven de analizar os metais pesados na contorna do cabo Ortegal.
    Os nosos estreleiros contánnos as novidades en Galicia na loita contra a contaminación luminosa.
    57 min
  • 'Contar a ciencia' por GCiencia
    Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
    11 min
  • Sexo dos peixes e xenoma do rodaballo con Paulino Martínez e Antonio Figueras
    O sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Conversamos con Paulino Martínez Portela, catedrático de xenética da facultade de veterinaria da USC e coordinador do Grupo Acuigen, xenética para a acuicultura e para conservación de recursos biolóxicos.
    Acuigen xunto co Centro Nacional de Análise Xenética de Barcelona, e o Instituto de Investigacións Mariñas veñen de publicar a secuenciación xenética do primeiro vertebrado realizada en España, o rodaballo. Antonio Figueras do IIM-CSIC cóntanos o complicado que é traballar desde distintas institucións científicas.
    31 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.