Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Novas estratexias inmunolóxicas con África González
    A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicna, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento.
    23 min
  • 'Todo es cuestión de química' con @deborahciencia
    Presentamos en primicia o libro de Déborah García Bello "Todo es cuestión de química" desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáDeborah? ou cólgaa no noso facebook ata o 4 de marzo.
    O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.
    15 min
  • Efervesciencia 344 (28-2-16): Inmunoloxía
    Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina.
    No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.
    Deborah García Bello preséntanos en primicia o seu libro "Todo es cuestión de química", pero desde onde?
    Eva Rodriguez de SINC conversa co creador de Eucatool, o profesor de enxeñaría agroforestal da USC Alberto Rojo.
    57 min
  • Libro: "Altamira vista por los españoles" de Xurxo Ayán
    "Esta escritura ha sido creada para entretener a todos esos vagos tocahuevos que solo saben que hacer que leer gilipolleces como estas para pasar el tiempo"
    O arqueólogo Xurxo Ayán mergullouse nas 15000 páxinas do libro de visitas das covas de Altamira. Unha auténtica fotografía sen censuras da sociedade española actual e a súa relación co patrimonio. Froito deste traballo naceu o libro "Altamira vista por los españoles" de JAS Arqueología Editorial, unha mestura de ensaio, antoloxía do disparate e muro de facebook.
    17 min
  • A historia xenética dos Austrias e os Darwin por Gonzalo Álvarez
    Entrevistamos ao catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez. Con el conversamos de historia, arte e xenética. Álvarez leva anos estudando as dinastías reais europeas - comezando polos Austrias españois - como laboratorio de consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunten a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta.
    26 min
  • Efer 343 (21-2-16): Unha mirada científica á historia
    "A historia é a ciencia do que nunca sucede dúas veces"
    Paul Valéry
    As veces para estudar a historia cómpre mirar mais aló das fontes canónicas. Como a catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez que emprega as dinastías reais europeas como laboratorio para estudar a consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunte a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta.
    Xurxo Ayán fai arqueoloxía no libro de visitas das covas de Altamira.
    Tamén coñecemos ó químico Ignacio Ribas Marqués protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.
    Programa íntegro.
    56 min
  • Ondas gravitacionais con José Edelstein
    O descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de todos os xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo.
    O experimento LIGO puido rexistrar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. O físico teórico e divulgador José Edelstein contextualiza para Efervesciencia este descubrimento. Sacade as sabas para simular o tecido espazo-tempo.
    21 min
  • Convivir con robots? Entrevista a Senén Barro
    Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado por unha máquina? Vannos quitar o traballo? Como aprenden? Conversamos con Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.
    28 min
  • Detectar o ollo seco
    Carlos García Resúa da facultade de Óptica da USC explícanos as funcións das lágrimas, as súas investigación para a mellora da diagnose do ollo seco, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares.
    9 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.