Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás
    A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas.
    Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.
    Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
    Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro.
    O catedrático emérito de química inorgánica da USC Manolo Bermejo debulla para nós os 4 últimos elementos da táboa periódica.
    58 min
  • Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana
    Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300 números.
    Entrar e saír da célula non é fácil. Cómpre atravesar a membrana celular, e para iso as substancias teñen que ter os papeis en regra. O complicado que polo de agora non sabemos moi ben en que consiste. Por exemplo, os péptidos poden ser moi útiles para transportar substancias no interior da célula. Sabemos sintetizalos pero non predicir se van ser quen de atravesar a membrana.
    Javier Montenegro investigador Ramón y Cajal do CIQUS vén de gañar un prestixiosa bolsa Starting Grant do European Research Council. Montenegro vai sintetizar novos péptidos coa fin de coñecer os diferentes patróns químicos que deben incorporar estas moléculas para poder penetrar na célula. A idea é empregar un modelo olfactivo para integrar todo o coñecemento que se adquira ao longo destes 5 anos cun 1,5 millóns de euros de financiamento. E deste xeito poder construír modelos predictivos que sabendo a estrutura dun péptido “cheiren” se van poder pasar o control de pasaportes de entrada á célula.
    23 min
  • Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro
    Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundación Ramón Domínguez fundaron a empresa de base tecnolóxica QuBioTech. Agora veñen de gañar o premio de transferencia tecnolóxica 2015 da Real Academia Galega de Ciencias co produto IQ-Brain que en nada entrará na súa fase de comercialización. Conversamos con Jesús Silva e Daniel Fernández, coordinador de I+D e xerente respectivamente de QuBioTech.
    14 min
  • Efer 339 (24-01-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula
    O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular.
    Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo.
    Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o hai atrás da cámara do @ECHE_asi.
    A compañía Artello presenta "Non me toques os meus círculos"
    59 min
  • Entrevista a Francisco Mójica - descubridor do CRISPR - e a Anxo Vidal
    O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science.
    Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente existe un consenso en cualificar os descubrimentos de Mójica como fundamentais no desenvolvemento desta técnica que esta a revolucionar os laboratorios.
    Na conversa cos dous investigadores coñecemos as múltiples caras do CRISPR-Cas9.
    19 min
  • Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan que é unha barbaridade co CRISPR
    Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible.
    Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un papel clave no descubrimento do CRISPR o achado do ano segundo Science.
    Agora a Avoa de Einstein xe sabe o que son as "Repeticións palindrómicas curtas agrupadas e regularmente espazadas"
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.