Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • As mareas vermellas chegan a gran pantalla
    Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.
    9 min
  • Estudan as cidades de bacterias que tes na boca
    Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.
    10 min
  • Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer?
    Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazón tamén teñen efecto como reserva cognitiva.
    Déborah García Bello amósanos como unha mala publicidade pode encubrir interesantes desenvolvementos en I+D.
    Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo.
    59 min
  • Innovador encapsulante de vidro de seguridade "made in Galicia"
    O premio de transferencia de tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de pemes recaeu en EVASA. Esta empresa fornece a mais de 20 países o polímero que se atopa entre os laminados dos cristais de seguridade. Conversamos con José María González Pardo, conselleiro delegado EVASA.
    6 min
  • Detección de quorom contra placa dental
    O boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que vén de recibir o premio 2016 de transferencia de tecnoloxía para grupos de investigación da Real Academia de Ciencias.
    8 min
  • Efer 369 (30-10-16): Por que nos sigue fascinando Verne?
    "Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade"
    O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.
    Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.
    Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.
    O necrobioma pode resolver asasinatos. Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira especial Samaín.
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.