Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 374 (4-12-16): Os inimigos da pedra
    Para os galegos a pedra por excelencia é o granito. Esta rocha é a base de todo o noso patrimonio construído e ten varios inimigos naturais: os sales, as bacterias, os fungos,... O Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC que dirixe Benita Silva leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas "pedras".
    Conversamos con Jose Pérez Ledo, @mimesacojea sobre televisión, divulgación e escepticismo.
    O aerotrastornado Wicho fálanos da decepción de "Scacharrelli" (Schiaparelli da ESA)
    58 min
  • Como encher un lago con matemáticas, con Elena V. Cendón
    A simulación numérica permite solucionar problemas da industria, desde como encher o lago das Pontes ata o software co que os químicos estudan os seus compostos. Conversamos con Elena Vázquez Cendón, profesora do grupo de investigación en enxeñería matemática da USC. Coñecemos tamén os traballos dos matemáticos industriais Marcos Loureiro - Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur - e Santi Pontes - Mestre Lab -
    27 min
  • Forest 112: Unha aplicación para salvar un bosque
    O proxecto de ciencia cidadá "Forest 112" proporciona unha ferramenta no noso móbil coa que podemos reportar nas nosas saídas ao campo especies invasoras e pragas. Cun pouco de práctica e coa axuda da aplicación aprenderemos a identificar a estes inimigos das nosas fragas. Conversamos con Javier Tabernero de Forest 112.
    12 min
  • Participa nun experimento cuántico: The Big Bell Test
    Conspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto "The Big Bell Test" os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.
    13 min
  • Efer 373 (27-11-16): Ciencia cidadá e mates industriais
    Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell -
    Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do grupo de enxeñería matemática industrial da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.
    57 min
  • Prismas 2016 [Parte 2]
    Segunda parte do especial Prismas 2016 desde a Domus con Angel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.
    15 min
  • Prismas 2016 [Parte 1]
    Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).
    25 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.