Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Augas residuais: fonte de bioplásticos e enerxía, con Juan Lema Rodicio
    Con Juan Lema Rodicio - catedrático de enxeñería química da USC - repasamos a historia do tratamento de augas residuais. Desde a cloaca máxima dos romanos ata as posibilidades actuais da enxeñería ambiental. Os últimos desenvolvementos pescudan converter as depuradoras en biorefinerías da que podamos obter bioplásticos e todo tipo de materiais.
    28 min
  • Efer 382 (29-1-17): Augas limpas, augas falsas e augas timo
    Monográfico dedicado ás augas. Co catedrático de enxeñería química Juan Lema Rodicio achegámonos á historia e presente da depuración da augas. Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica. E finalmente o catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede.
    57 min
  • Eloxio do horizonte con @deborahciencia
    Descubrimos o "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí ten un sentido...
    12 min
  • Estimulación cerebral non invasiva con Javier Cudeiro
    O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o "Centro Tecnolóxico de Formación do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro. En que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E se se empregan en persoas sas como neuromellora?
    29 min
  • Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns
    O catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña, Javier Cudeiro, ven de poñer en marcha o Centro de Estimulación Cerebral non invasiva de Galicia. O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión.
    Deborah Garcia Bello, @dimetilsulfuro, explícanos a ciencia que hai atras do "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida.
    Os nosos estreleiros - Pawley e Baspino - anticípanos o que vai a acontecer nos ceos este 2017.
    56 min
  • A vacina do Ébola é eficaz. E agora quen a fabrica?
    A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vacina a partires de agora?
    14 min
  • As revolucións da papelfugadora
    A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.
    6 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.