Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 384 (12-2-17): Lampreas, apocalipse nuclear e o problema do cabalo
    O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. No Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula.
    Na sección de Ciencia e Cinema o Martin Pawley analiza o tratamento do nuclear nas películas de mediado o século XX.
    Na Chave de Cristal os mais novos invitados a Efervesciencia preséntannos o problema do cabalo.
    Damos a solución a #ulowicho
    59 min
  • Cocolitóforos con Débora Iglesias
    Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo.
    Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxido de carbono na atmosfera pola queima de combustibles fósiles esta a acidificar os mares. Deste xeito, faise difícil a supervivencia de corais e outros organismos con esqueletos de carbonato cálcico. Con estas premisas os científicos pensaban que as placas de calcita do cocolitoferos irían a menos. O cal era unha boa noticia, xa que suporía este fitoplancto sería un sumidoiro de CO2.
    No entanto, a investigadora viguesa do Centro Nacional de Oceanografía de Southampton Débora Iglesias acaba de demostrar en Science que a maior concentración de CO2, mais grosas son as placas de calcita nestas microalgas. Isto implica que o balance entre absorción e emisión de CO2 nos cocolitóforos é neutro. O mar non vai ser a alfombra debaixo da cal quitemos da vista o dióxido de carbono.
    Entrevista emitda o 18 de maio de 2008.
    24 min
  • María Wonenburger
    Única entrevista audiovisual que concedeu a alxebrista María Wonenburger, nai matemática da teoría de Kac-Moody . Foi emitida o 14 de xullo de 2007 no programa 39 de Efervesciencia.
    30 min
  • Consorcio de bacterias con Lynn Margulis
    Lynn Margulis é a primeira Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Moitas das súas ideas forman parte xa dos libros de texto. Aínda que tamén defende ideas polémicas sobre o neodarwinismo que están fóra do consenso científico.
    Margulis é a autora da teoría da endosimbiose. Partes da célula son, en realidade, bacterias que no proceso evolutivo se asociaron tan intimamente á célula que chegaron a perder a súa individualidade.
    Na entrevista descubrimos que cando Margulis ve, por exemplo, unha vaca está a ver cousas nas que os demáis non caemos. Serán as vacas en realidade contedores con patas de quilos e quilos de bacterias?!
    Entrevista emitida o 25-3-2007 no Efervesciencia 24
    25 min
  • É Curie un modelo axeitado na aula? con Mari Lires
    Mari Lires é investigadora en didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Vigo, e especialista en historia da ciencia, educación e xénero. Con ela conversamos sobre os modelos (e as ausencias) de científicas na aula.
    Entrevista emitida o 16-4-11 no programa Efervesciencia 166.
    28 min
  • As batallas da minería de datos con Izaskun Lacunza
    Izaskun Lacuna, directora executiva da Liga de Bibliotecas Europeas, cóntanos como o acceso por minería de datos a información científica na Unión Europea está limitada polas leis de copyright.
    Entrevista con Eva Rodríguez da Axencia SINC emitida o 1-2-14 no Efervesciencia 272.
    15 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.