Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • "No confinamento cun gramo de marihuana facíanse máis porros " con Manuel Isorna
    Fragmento do programa EFER 515.
    O psicólogo Manuel Isorna participa nunha investigación en curso para determinar o padrón de consumo de substancias legais e ilegais no confinamento. Con el tamén falamos da importancia da actividade física nestes días.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    11 min
  • Modelos matemáticos e COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez.
    Fragmento do programa EFER 515.
    Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    16 min
  • Efer 515 (21-5-20): Os modelos matemáticos da COVID non son máxicos
    (2:38) Afectou o confinamento ao consumo de drogas legais e ilegais? Conversamos co psicólogo Manuel Isorna.
    (12:49) Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez.
    (28:45) Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB.
    (45:24) Chamada sorpresa da Avoa aos estreleiros Irene Baspiño e Martin Pawley.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid da man do GAIN
    Fragmento do programa EFER 514
    A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de apoiar 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid como resultado dunha convocatoria de emerxencia. Nolo conta a directora do Gain, Patricia Argerey.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    11 min
  • Os artífices da nova vacina da tuberculose estudan se produce inmunidade contra a Covid
    Fragmento do programa EFER 514.
    Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Simón, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo á biofarmaceútica galega Biofabri, do grupo Zendal. Actualmente estase a rematar a fase clínica 2a.
    (22:46) Hai sospeitas de que tanto BCG, e por extensión MTBVAC, poderían proporcionar inmunidade cruzada contra a COVID. Esta hipótese está en estudo en macacos en Holanda. En poucos meses teremos os resultados. Conversamos con Carlos Simón e Esteban Rodríguez, director xeral de Biofabri.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    31 min
  • Efer 514 (14-5-20): O papel da nova vacina da tuberculose contra a COVID en estudo
    (5:19) Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo á biofarmaceútica galega Biofabri, do grupo Zendal. Actualmente estase a rematar a fase clínica 2a.
    (22:46) Hai sospeitas de que tanto BCG, e por extensión MTBVAC, poderían proporcionar inmunidade cruzada contra a COVID. Esta hipótese está en estudo en macacos en Holanda. En poucos meses teremos os resultados. Conversamos con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeral de Biofabri.
    (34:52) A chamada sorpresa da Avoa de Einstein apunta desta volta ao teléfono de Deborah García Bello.
    (43:03) A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de apoiar 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid como resultado dunha convocatoria de emerxencia. Nolo conta a directora do Gain, Patricia Argerey.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Libro para cuñados premium "14 maneras de destruir la humanidad" con @Daniel_Arbos
    Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    15 min
  • “Enjuanes púxome o sombreiro seleccionador e acabei con Margarita Salas”. Anatomía dun test. Unha noite con Luis Blanco.
    Versión completa da entrevista a Luis Blanco emitida en el programa Efer 513.
    O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos
    Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago Φ29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecionar como, nun contexto de emerxencia, aparece a idea de crear unha nova tecnoloxía de detección viral. Metémonos na mente do investigador para comprender en tempo real como se produce a ciencia nesta pandemia.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 1 min
  • Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas
    (2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos
    Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago Φ29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecionar como, nun contexto de emerxencia, aparece a idea de crear unha nova tecnoloxía de detección viral. Metémonos na mente do investigador para comprender en tempo real como se produce a ciencia nesta pandemia.
    Este proxecto de test viral disruptivo foi presentado polo Centro Nacional de Biotecnoloxía “Severo Ochoa” e o Centro Nacional de Investigación Oncolóxicas (Grupo de Felipe Cortés) coa participación da empresa 4BaseBio.
    (32:46) Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.
    (46:58) A Avoa de Einstein cun teléfono na man non hai quen a pare. Esta vez tocoulle ao divulgador Xurxo Mariño

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…