Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 509 (4-3-20): Ciencia e diversidade sexual
    1. Que dia a ciencia da diversidade sexual? Existen sesgos no estudo da naturez? Hai discriminación na comunidade científica das persoas LGTBIQ+? Conversamos con Javier Armentia @javierarmentia @PRISMAciencia @EEEPCompostela (2:55)
    2. A RAGC anuncia a convocatorio dos Premios á Transferencia. Con Fernando Pérez (27:38)
    3. O filósofo da ciencia Mario Bunge visto a ollos de Avelino Muleiro (34:41)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 508 (26-2-20): Os nenos da varíola chegan ao teatro
    1. Recibimos a "Pérez & Fernández", Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar "Os nenos da varíola" en coprodución co CDG. (2:30).

    2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11)

    3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley sabemos das diferentes vidas das estrelas ao fío de Betelgeuse. (35:32)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 506 (12-2-20): Un 11-F coas enxeñeiras do CITEEC [versión estendida]
    Visitamos a Agrupación Estratéxica do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da Universidade de A Coruña durante a xornada do 11 de febreiro, Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia.
    Realizamos un percorrido sonoro polas instalacións do CITEEC, coñecemos que é a enxeñería civil e debatemos en torno ao papel da mulleres científicas e tecnólogas. Coa participación de Gemma Rojo, Sindy Seara, Isabel Martínez Laje, Amal Nnechachi, Pilar de la Cruz, Margarita Martínez Díaz, Delia Regueira, Natalia Pérez Barge, Fernando Varela Puga, Noelia Veiga, Candela Fernández e Eva Suárez.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer505 (5-2-20): Galaicos, un pobo entre dous mundos
    1. Galaicos, un pobo entre dous mundos (2:45)
    Como eran os pobos que viviron no que agora é Galicia desde o ano 1500 antes da nosa era ata chegada dos romanos? Como eran os habitantes da que logo se chamaría Gallaecia que se atopou Décimo Xunio Bruto no ano 137 antes de cristo cando atravesou o río do esquecemento, o río Limia posiblemente?
    Ata hai non moito os expertos coidaban que os habitantes do noroeste peninsular eran pobos pouco desenvolvidos, por dicilo finamente, e illados uns de outros. A historiográfica clásica chamábaos cunha denominación xenérica, os celtas. Pero esta imaxe é moi grosa, ten pouco detalle e non concorda coa información arqueolóxica que se ven acumulando nas ultimas décadas.
    Levamos o noso laboratorio sonoro ao edificio VI do Museo de Pontevedra para coñecer a ciencia que hai atrás da exposición temporal “Galaicos, un pobo entre os dous mundos”. Compartimos micro con José Manuel Rey (director do Museo de Pontevedra), Luisa Castro (coordiandora da exposición) e Xurxo Ayán (arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa).

    2. Na cerna do movemento maker con @paolaguimerans [Muller e Ciencia] (40:35)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 504 (29-1-20): Monográfico aire limpo [versión estendida]
    Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject.
    Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do programa de asma do @CIBERES, Xosé Manuel Tato Camino da Dirección Xeral da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Faustino Gómez de @composcleta, e Manuel Miramontes @manolomira dos Museos Científicos Coruñeses.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 4 min
  • Efer 503 (22-1-20): Curandeiros. Cloro. Ceo
    1. Os non moi lonxanos tempos do cólera en Galicia e a cloración da auga con @Moises_Canle
    2. A loita contra as pseudoterapias chega aos xulgados con @FernandoCervera @apetp_
    3. Gañadores do premio @CeosGalegos 2019 de astrofotografía

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 502 (15-1-20): O teu cerebro non son (só) neuronas
    1. Onde están as exolúas? Exocometas con Isabel Rebollido @Yollevoreloj [Baixo cúpula] (2:30)
    2. As descoñecidas células de glía do teu sistema nervioso con Fernando de Castro @FdeCastroS (13:23)
    3. A proba da Crew Dragon e outras novidades aerotrastornadas con @wicho (33:16)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos
    Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores.
    César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola.
    O químico da USC Fran Rivadulla explícanos por que as baterías dos móbiles non estoupan e o traballo do seu mestre, o Nobel John Goodenough.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 499-500 (1-1-20): Especial programa 500
    Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández.
    Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 51 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…