Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Cazadores de exoplanetas con Zaira Modroño Berdiñas
    A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz.
    Fragmento de Efer491 emitido o 30-10-19.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    20 min
  • Crebeiros sen fronteiras
    Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). Fragmento do EfER 490 (32-10-19).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    16 min
  • "Podes ter pasado a COVID-19, e non ter xerado anticorpos" África González [Versión completa]
    Versión completa da entrevista á África González do programa EFER512. https://www.spreaker.com/user/9238794/efer-512-30-4-20-inmunoloxia-e-covid-19
    África González é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Con ela debullamos o que se sabe e as preguntas abertas que temos enriba da mesa sobre a COVID-19.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    44 min
  • Efer 512 (30-4-20): Inmunoloxía e COVID-19
    Todos queremos saber canto tempo dura a inmunidade tras pasar a COVID-19? Inmunizarémonos todos por igual? Que porcentaxe da poboación xa está inmunizado? Por que os test serolóxicos se empregan para tomar mostras da poboación? Cales son as vías de ataque para buscar tratamentos para a doenza? Algunhas destas preguntas aínda non teñen resposta, nolas contextualiza África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía Sociedade Española de Inmunoloxía
    (4:12)
    Desde Suíza aténdenos Carmela García, bióloga estrutural na Universidade de Zurich e creadora do podcast Bacteriófagos (33:21)
    A nosa colaboradora Bibiana García Visos cóntanos como leva o confinamento (44:33).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • “Imos testar todas as vacinas, agora temos 140 propostas” con César Muñoz Fontela [Versión integra]
    [Versión estendida da entrevista a César Muñoz Fontela do programa Efer 511 do 23-4-0]
    O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación.
    Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da ONS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos.
    A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS:

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    41 min
  • Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa
    (5:34) O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación.
    Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da OMS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos.
    A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS:
    Tamén conversamos con (33:53) Eduardo Rolland, director de GCiencia, que nos explicou como se viviron en Galicia outros andazos, como a peste ou a gripe de 1918, e coa presidenta de SciCom Portugal, Joana Lobo Antunes, que nos falou da situación no país veciño. (43:31)
    Podemos facer este “Efervesciencia confinados” grazas á axuda en pantuflas da Avoa de Einstein.
    Con este programa retomamos as emisións de Efervesciencia na Radio Galega interrompidas polo estado de alarma.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón
    As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC
    Fragmento de Efer 488 (9-10-19)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    13 min
  • Enjuanes, a carreira para producir unha vacina para o coronavirus
    Actualización 23-3-20: Nesta entrevista realizada o 9-3-20 o profesor Enjuanes comenta que o seu laboratorio non dispón de permiso administrativo para reconstruír o SARS-COVID-2. O CNB-CSIC vén de recibir financiamento extraordinario e a autorización para reconstruír o virus como paso previo á obtención da vacina.
    Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. O grupo de investigación de Luis Enjuanes e Isabel Sola leva 5 anos investigando en coronavirus. Foron os primeiros no mundo en reconstruír un virus deste tipo e teñen desenvolvido unha vacina contra o SARS-CAV-1, o primo do virus que está causando a actual pandemia. Luis Enjuanes do laboratorio de coronavirus CNB-CSIC cóntanos as diferentes estratexias para crear vacinas e antivirais contra o SARS-COV-2.
    Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    24 min
  • Adolfo García Sastre: "Entre o 10 e 40% da poboación mundial vaise infectar nun ano e medio""
    Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) .
    Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    28 min
  • Efer 510 (11-3-20): Luces longas contra o coranavirus: Adolfo García Sastre e Luis Enjuanes [Versión estendida]
    Sen a ciencia producida nas dúas útimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) (5:41) e Luis Enjuanes (laboratorio de coronavirus CNB-CSIC) (38:14).
    Con Gema Revuelta (directora do Centro de Estudios de Ciencia, Comunicación e Sociedade da UPF) analizamos como esta a ser a comunicación da crise do coronavirus. (30:01)
    Tamén facems unha comparanza entre a crise do coronavirus e a gripe de 1918 (0:22)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 2 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…