"Así son las cosas. Y así se las hemos contado"
Pois iso, así vivimos esta mañá. Dende primeira hora ata a chegada das carrozas. Protagonistas hoxe... a xente de Valladares!!!
Bo luns de San Campio. Apertas á organización!
Imos retratando o ambiente do torreiro...
9.30 inda andaban os trailers da orquesta Tango recollendo os equipos de luces; os de limpeza do concello regando o torreiro e algún da comisión coa escoba deixando aquilo impecable; a panadeira que lle ven deixar pan ó pulpeiro... non sei cantas barras!!!
A festa remata hoxe e comezaba venres coa charanga polos barrios. Vai unha crónica.
Entra a banda de Salceda polo torreiro, sauda ó santo e veña a montar ó concerto. Escoitamos o concerto, con gaitas incluidas! Algún dos trombóns de vara pasan polos micros… como as apañan a tocar nun palco tan cheo?
12h A santa misa
13h De palique cos veciños á saida da procesión e durante o concerto banda: "San Campio é noso" teorías varias, onde sirven o mellor viño branco? ruta polas "capillas", nenos que queren saudar, outros que viñan po vermú e non son de Valladares, pero como se foran e saudan tamén, trucos para ligar dos vellos de antes...
E así foron pasando estas 4 horiñas ata que chegaron as carrozas... "carromatos", como lle chamou alguén.