Entramos de cheo na semana das Letras Galegas.
Antonio Fraguas (1905-1999). Mestre na memoria. Na guerra civil, tivo que deixar a súa cátedra no Instituto da Estrada e montar a súa academia privada en Compostela para poder seguir na ensinanza. Curiosidades: foi presidente do Museo do Pobo Galego.
Con isto, repasamos como está o galego hoxe. Conversamos con rapaces do IES Valadares en galego, escoitamos un anaco do programa "Isto é galego" de Radio Cuac e outro anaco de "Ben Falado" da TVG. No twitter hai un tempo alguén fixo unha escolla das 20 palabras en galego bonitas que podemos usar na vida cotiá e que moitos usamos a palabra castelá.
Que mais? Está en producción un documental sobre a vida de Manuel Beiras, que se vai proxectar no Festival de Cans. E amovida.gal adícalle a publicación deste mes a nosa lingua e organiza un evento moi galego no Urban Market.