Na última xornada da semana cultural, antes de marchar de vacacións de Semana santa:
-Xogos romanos, os obradoiros de enerxías renovables (cociña solar, e outros inventos con placas solares), a aula etnográfica (dunas de Currubedo e castro de Baroña) e as protestas do proxecto "eu protesto". O contan os alumnos.
-Obradoiros e espectáculos de poesía. Conversamos con "Dúas gamberras e un micro" e mais coa futura profesora e ex alumna Noa.
-A charla dinámica sobre o control, os malos tratos e os bos tratos nas relacións coa Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo.
-Aprender a aprender. Que importancia ten a semana cultural? Con Carmen Boado, xefa de estudios do Ies Valadares.
FIN.
PD. Desmontamos o estudio e volvemos ó cuartiño do Centro Cultural. Foi un placer!!! Nós tamén aprendemos moito!!