Despedimos ó Entroido ata o ano que ven. Ides acompañar o cortexo fúnebre? Ou pensades aquelo de que a chorar, a Cangas. Repasamos os distintos actos fúnebres do Entroido no sur de Pontevedra: enterro da sardiña, da lamprea, do bacallau, do berete...
Descubrimos o temazcal, unha medina ancestral. Unha especie de sauna de vapor que se ven utlizando en mexico dende tempos memoriais. En Sárdoma preparan unha para este sábado organizada polo Ecolectivo.
Tamén temos unha historia de superación, moi local. A de Preciosa, unha veciña de Valladares, que sendo toda a vida costureira, agora adícase a artesanía e vai expoñer este sábado e mailo domingo as súas pezas aquí no Centro Cultural.