A música que vos gusta, onde a escoitades? Nun concerto ao vivo ou nos cascos ó voso aire? Imos de concertos con música made in Vigo.
Dioivo. Black Metal en galego. Estes dous rapaces tan noviños presentan disco no Transylvania este sábado.
E xusto ó ladiño, na Fábrica de Chocolate van estar os gamberros e irrevententes Tony Lomba & Elio Dos Santos co seu "Yoli, Yoli Tour".
Outro proxecto que apenas ten un aniño e que ten tamén concerto polo nadal é a Orquesta infantil e xuvenil de Vigo OrquestraKv2211. Falamos co seu director, o cubano Jose Manuel Fernández.
E cambiamos música por teatro... a da Semana do Teatro infantil no Teatro Aforo. Moita variedade. Durante 5 días: contos teatralizados, contos musicalizados, títeres, teatro para bebés...