En 20metros cadrados pode facerse unha hortiña urbana? Cé Rodríguez comezou así en 2013 nun anaco fronte o torreiro de Bembrive. Cando saían os cherries sacaba foto e contaba unha pequena historia. E así foi crecendo ata convertirse en agrotuber. E hai mais: a huertina de Toni, en Asturias, Cosas del jardín dun arxentino...
Sabemos que non se lle dan ben as berenxenas e sí, os tomates e as fabas… E sorpresa, tamén se dan moi ben os jalapeños! Primos hermanos dos pementos de padrón.
De Bembrive ó monte Alba podemos pasar un par de horiñas divertidas con Humor Amarillo. Un sinfín de xogos para rir: a loita dos sumos, os rodillos, paint ball... Andan preparando un escape aventura de 4000m… e unha tirolina! Ademáis, dunha zona para concertos con vistas á cidade.
Noutro alto, en Campo Lameiro, hai plans para todo un día de lecer. 8 estacións para contemplar os petróglifos, un baño nas aguas do río Almofrei... Esta é a proposta dos martes en patrimonio.