A bendita retranca galega que temos que explicar cando pasamos da Canda e o Padornelo… tocouvos algunha vez facelo? Entenden as vosas camisetas favoritas? As do Reizentolo con mais tirón seguen a ser as dos "pementos" e, a rebufo, vaille a de "toxiño".
Un pouco máis formais, pero sen perder o sorriso, falamos coa asociación Anedia Galicia (nenos con diabetes) e da súa labor de acompañamento ás familias e divulgativa nos coles.
Tamén, das propostas de moda de Juanmariabylolola e o seu proxecto integrador.
Despexaremos a mente achegándonos ata O Incio coñecer a iglesia San Pedro Fiz de Hospital e a ruta do mamut.