Un chisco de deporte, que estamos moi anquilosados co teletraballo e mais cos repetidos confinamentos.
Os fisios andan desbordados nestes tempos descontracturándonos das malas posturas. Natalia, fisio en Equilibrarte, recomenda sempre a educación postural e a conciencia corporal como prevención de lesións.
O adestador persoal, figura habitual noutros lugares do mundo (en EEUU o 80% da xente tivo algún na súa vida), axuda asentar ben as bases dunha práctica deportiva. Conversamos con David Gómez Oterino sobre estes catro pilares: a actividade do corpo, a nutrición, o descanso e a mente positiva.
E para rematar, unha historia deportiva. A da pontevedresa Lydia Pérez. Ós 9 anos unha exhibición de loita libre no seu cole xeroulle a inquietude por este deporte. Hoxe prepárase para as Olimpiadas.