Imos ir ata Matamá para falar co Colectivo Malaherba. Este sábado celebran unha xornada conxunta Freixo-Matamá pola recuperación do monte.
E na parte musical, o mes de marzo en Valladares ríndeselle homenaxe ó gaiteiro Moxenas. Falamos con:
- Tanxedoras, 3 mulleres que veñen presentar o seu último disco, unha homenaxe ó antropólogo Alan Lomax, acompañadas do acordeonista Roberto Comesaña.
- Os Terribles de Donas. 80 anos van xa dende aquela primeira xeración que irrumpiu no Valmiñor e que lle valeu o alcume de “Os Terribles”. O actual quinteto de música tradicional ven presentar o seu novo disco Alcoucer, que é o barrio onde viviron os fundadores, un lugar que representa as raíces do grupo. Ata o estudio viñeron os dous "terribles vellos", Manolo e mais Suso.