Na calurosísima víspera de San Roque, colocamos o chiringuito do "Esperta de verán" na terraza do bar Rial.
Na mais que agradecida sombra do porche, conversamos con Caseiro. Sidro, que sabe de moitas cousas da parroquia, contounos historias de Valladares:
-a do barrio da Garrida
-a dos bares que antiguamente había por esta zona do Rial
-deu co intríngulis de que haxa tantos matrimonios con xente do Valmiñor... Ramallosa 2000 é pedra angular no asunto.
Ademáis, imos ata a beira do Miño.
Quen non foi ata Arbo a comer a lamprea?
Falamos con Jose, do Restaurante Os Pirús, que nos da conta das distintas maneiras de preparala: á bordalesa, seca, afumada, en empanada... ata se lle pode botar ó cocido!!! E seica sabe ben!!