Falamos con Fernando Prieto, de Gato Salvaje Estudio, sobre os videoxogos en Galicia, a potencia creativa e de empleo que encerran, e un dos seus proxectos a medio prazo máis ambiciosos: The Waylanders, un videoxogo galego, ambientando nas súas lendas.
Charlamos con Miguel Castañal, do establecemento Kastami's. Un local no que a comida rápida non é só saborosa, se non que tamén é sana e ecolóxica.
Por outra banda, conversamos con Jacobo Conde, de Viajes Amaia, sobre as tendencias de viaxes para esta Semana Santa. Se non tes plan, escoita atento!
Ata o estudo achegouse Víctor Vidal, presidente da comunidade de montes de Chandebrito. Por que? Porque este sábado teñen un evento incrible e exemplar para recuperar o monte queimado, no que se prevé a participación de máis de 1.000 persoas.