Facemos historia

Facemos historia

By José Antonio MartínezSociety & CultureEducation
Download on the App Store

Facemos historia episodes

  • Reconquista e repoboación. A construción da idea de España (HTA06)
    1. Que entendemos por Reconquista?
    2. Que significa que se fale de diversos modelos de repoboación na Península Ibérica durante a Idade Media?
    3. Que ten que ver a construción do Estado liberal en España no s. XIX coa idea da Reconquista e Repoboación?
    4. Se na Galiza non se pode falar para a Idade Media nin de Reconquista nin de repoboación, é que non forma parte da Historia de España medieval?

    A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.
    Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):
    Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)
    District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com).
    Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
    27 min
  • Al-Ándalus: os mulsumáns na Península Ibérica (HTA05)
    1. Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica?
    2. En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus?
    3. Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media?
    4. Foi Galiza ocupada polos musulmáns?
    A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.
    Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):
    Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)
    District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com).
    Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
    28 min
  • A monarquia visigoda (HTA04)
    1. Quen foron os visigodos?
    2. Que características presenta o reino que fundaron na península?
    3. Por que este reino se desintegrou tan rapidamente trala derrota na batalla de Guadalete fronte as tropas musulmás no ano 711?
    4. Temos que saber toda a listaxe de nomes dos reis godos?

    A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.
    Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com

    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):
    Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)
    District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com).
    Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
    26 min
  • Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica (HTA03)
    1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica?
    2. Como organizaron os romanos este territorio?
    3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano?
    4. Que se entende por romanización?

    A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.
    Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com

    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):
    Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0)
    District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com).
    Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
    22 min
  • Os pobos prerromanos na Península Ibérica (HTA02)
    Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos?
    Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa? Viaxemos até o 218 a.C. para responder a estas preguntas. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
    23 min
  • O Neolítico na Península Ibérica (HTA01)
    A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza?
    A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Benvidas/os a este serie onde imos abordar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Este é o episodio 1.
    Lembra, que se prefires, pódeste subscribir ao podcast Historia Take Away. Búscao na túa aplicación preferida.
    Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: https://facemoshistoria.wordpress.com

    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0):
    Músicas da sintonía:
    District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com).
    Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
    22 min
  • Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato
    “O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato.
    Pois sobre esta materia, a historia de España, a historia da Galiza no ensino obrigatorio, vai este episodio. Reflexións xurdidas no novo proxecto no que andamos metidos, o podcast Historia Take Awake e agardamos que gostedes del.
    Se queredes acceder ás notas do episodio, xa sabedes, http://www.facemoshistoria.wordpress.com
    Acompáñanos nesta viaxe ao 2º de Bacharelato da LOMCE.
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):
    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA:
    “Campanas de Cela (Galicia) 2017 // Toque procesión. (https://www.youtube.com/watch?v=jqVUVFi-m-o)
    “Soy español”, publicado por Elentir Vigo // Concerto de Nadal da BAnda de Música da Escola Militar de Marín (https://www.youtube.com/watch?v=mXUXGaJCvb8)
    Raphael - Escándalo - Festival de Viña del Mar 2014 HD. (https://www.youtube.com/watch?v=J6pISAoDqpE)
    27 min
  • Non estabamos mortos, nin de parranda
    Aproveitando esta fin do verán, comentámovos o que non estivemos a facer neste tempo e que é o que SI imos facer na nova xeira de Facemos historia, que comeza en setembro.
    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - Biblioteca el Carmel - Juan Marsé: (https://www.youtube.com/watch?v=7xFDJ-YhNng)
    5 min
  • Datas, calendarios, unha santa e un pouco de rock
    EPISODIO 03. TEMPORADA 02
    Quen non escoitou algunha vez, nas aulas de historia do instituto, a pregunta de se había que saberse as datas. Quen non dixo a si mesmo: a ver se non, a ver se non!. Estudo de historia e chapatoria aparecían moitas veces unidos, froito dun ensino tradicional que enfatizaba ou esixía esa aprendizaxe memorística. Neste episodio adéntramos no mundo das datas, datos e calendarios varios. Si, para coñecer a historia precisamos da cronoloxía, mais non a debemos confundir coa historia. E sobre isto falamos. Sabes que un día non é simplemente 24 horas? Que unha semana tivo máis de 7 días? Que hai diferentes tipos de ano? Nesta viaxe acompañaranos unha santa que morreu un xoves (quinta feira) e cando, 24 horas despois, foi enterrada pasaran nin máis nin menos que 11 días (e non foi ningún milagre). Tamén descubrirás como é posible que o Día do Libro, 23 de abril, lembre a coinicidencia da data da morte de dous grandes da literatura universal, Shakespeare e Cervantes, mais que morrendo o mesmo día do mesmo ano, un o fixera en martes e outro en sábado. E finalmente falaremos de política, todo isto, acompañados cun pouco de rock. Acompáñanos nesta viaxe ao noso calendario. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA - ACDC - Thunderstruck (Stiff Upper Lip Tour, Live In Munich): (https://www.youtube.com/watch?v=qY1FmQk-Pns)
    24 min
  • Mínimos para unha historia de Galiza
    EPISODIO 02. TEMPORADA 02

    Mínimos para unha historia de Galiza

    Non vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións.
    Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que non fixo falla agardar moito tempo antes que xurdisen as "referencias" históricas. "Isto vai acabar coma en 1934", ou bromas ou non tan bromas para repertir 1714.
    Ficamos sorprendidos de descubrir a grande manipulación da historia que se fixo desde Catalunya e a adoutrinamento que os/as docentes de historia fixeron co alumnado catalán. Os medios de comunicación españois, cunha unanimidade espectacular, inundaban de noticias os informativos día tras día. E descubrimentos que o falseamento da historia, no noso Estado, proviña dos gobernos de Pujol. (https://elpais.com/cultura/2017/10/25/actualidad/1508937769_136581.html).
    Desde Galiza, inmunes ao efecto Pujol, non podemos máis que ficar abraiados ante unha realidade que parece saír dunha película de ciencia ficción. Despois de anos e anos de ensino de historia, de currículos inzados de historia de España, o problema do relato da historia é o ensino en Catalanya.
    Mentres, nesta realidade paralela, seguen a se publicar artigos que demostran e defenden a existencia dun reino de Galiza na Idade Media, unha historia silenciada desde a construción da historia nacional española no s. XIX. (http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/yilliqiya-galisiya-reino-galiza-nas-fontes-arabes/20170726175323059968.html)
    Pois destes temas falamos neste episodio, e a partir da lectura de dúas obras sobre a historia de Galiza, unha colectiva baixo a coordinación de Isidro Dubert, Historia das historias de Galicia (https://www.xerais.gal/libro.php?id=4258911), e outra publicada polo profesor de historia contemporánea Xusto Beramendi, (https://www.casadellibro.com/libro-historia-minima-de-galicia/9788416354078/3099873), presentamos que temas se entenden hoxe que deberían aparecer, si ou si, nunha historia deste territorio sito no noroeste peninsular chamado Galiza.
    Como recomendación, para profundar e coñecer a nosa historia, ademais de contribuír a defensa do noso patrimonio histórico e cultural, recomendamos unha páxina web, que como eles mesmo titulan vai sobre a nosa historia contrada doutro xeito: http://historiadegalicia.gal/



    CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons):
    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    28 min

About Facemos historia

From the publisher's feed

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.