Facemos historia

Facemos historia

By José Antonio MartínezSociety & CultureEducation
Download on the App Store

Facemos historia episodes

  • Vaia lío! Os amigos dos meus amigos son os meus amigos. A Paz Armada
    EPISODIO 14. TEMPORADA 01
    Entre 1870 e 1914 o mundo vive un período coñecido coma Paz Armada. Unha etapa delimitada por dúas guerras, a franco-prusiana de 1870 e a Grande Guerra, a I Guerra Mundial, que comeza en 1914. Malia o que indica o nome, non foi un período sen conflitos bélicos, que con diferente intensidade, terán lugar a longo das catro décadas. Con todo, as grandes potencias europeas evitarán enfrontamentos directos, ao tempo que tentarán aumentar as súas zonas de influencia, xa co control directo co expansión dos seus imperios colonias, xa a través dun dominio indirecto. E todo dentro dun período de constante rearme dos principais países.
    Alemaña, convertida desde o seu nacemento en 1871 en Imperio, será a grande protagonista desta Paz Armada. Os sistemas de alianzas ideado por Bismark permitirá aumentar a súa hexemonía sobre a Europa continental, ao mesmo tempo que illar a Francia, a súa grande inimiga. A chegada ao trono de Guillerme II, a saída do goberno de Bismark, mudará toda a política exterior do II Reich, na busca de se converter, agora, en primeira potencia mundial. E aí atoparán en fronte a Gran Bretaña, Francia e Rusia, que asinaron unha Tripla Entente que contrarrestaba a Tripla Alianza alemá. A Grande Guerra estaba ás portas.

    Obras citadas: o título fai referencia ao sinxelo “Los amigos de mis amigas son mis amigos” do grupo Objetivo Birmania, publicado en 1989: https://www.youtube.com/watch?v=MCW7eS-1DFw




    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

    Parsifal (WWV, 11) de Richard Wagner: https://musopen.org/music/1451/richard-wagner/parsifal-wwv-111/
    17 min
  • Non eramos negros. Consecuencias do Imperialismo colonial
    EPISODIO 13. TEMPORADA 01
    O mundo mudou no s. XIX. Asistimos a unha verdadeira revolución en todos os eidos: demográfica, agrícola, industrial, política, de transportes, etc. Nada volverá ser o mesmo. E o planeta vai ser repartido, colonizado, entre as principais potencias mundiais, na súa práctica totalidade europeas. África e Asia, coas súas singularidades, van vivir/sufrir esta transformación radical, coa particularidade de vir imposta desde o exterior. Convértense en sociedades e economías dependentes, minusvaloradas no cultural até o punto de se cuestionar a propia identidade. A civilización do mundo foi a imposición da cultura europea, onde os intereses económicos primaron sobre calquera outro. Non eramos negros, eramos só persoas, conta Shirley Campbell Bar. As consecuencias do Imperalismo colonial foron múltiples e chegan até os nosos días. Collamos un mapamundi e acheguémonos aos desequilibrios Norte-Sur, ao Terceiro Mundo.

    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    As músicas de Facemoshistoria:
    Impressions of India Ep 01 | Kutch Folk Music and Instruments https://www.youtube.com/watch?v=MXnaSYwgI5c
    Concerto para clarinete e orquestra en la maior (K. 622) de W. A. Mozart: https://musopen.org/music/2354/wolfgang-amadeus-mozart/clarinet-concerto-in-a-major-k-622/
    16 min
  • Tortas e a tortas. A repartición do mundo no s. XIX
    EPISODIO 12. TEMPORADA 01
    Entre fins do 1884 e principios de 1885 os principais países europeos máis os EE.UU. reuníronse en Berlín. O obxectivo, nas palabras do organizador, Otto Von Bismark, chanceler de Alemaña, era promover a civilización dos africanos, abrindo o interior do continente ao comercio. Mais o que alí aconteceu foi a repartición dun continente, África, entre as principais potencias europeas. Para Asia non houbo unha conferencia xeral, mais a división e repartición entre os países europeos tamén tivo lugar.
    Gran Bretaña e Francia aparecen a final do s. XIX como os imperios coloniais máis extensos. Alemaña, principal potencia no continente europeo, chega tarde mais se sitúa no panorama colonial, con territorios en África e Asia. A novidade é a irrupción de potencias extraeuropeas, que a partir deste momento van xogar un papel fundamental na política internacional: Estados Unidos e Xapón.


    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    As músicas de Facemoshistoria:
    Johannes Brahms. Sinfonía nº 4 en E menor, op. 98:
    https://musopen.org/music/1566/johannes-brahms/symphony-no-4-in-e-minor-op-98/
    19 min
  • Dr. Livingstone, supoño? A expansión colonial británica en África
    EPISODIO 11. TEMPORADA 01
    Acompañamos a Henry Morton Stanley na súa viaxe até o interior de África na busca do Dr. Livingstone. Presenciamos o famoso encontro acontecido en novembro de 1871, e que coñecemos a través do artigo publicado no New York Herald, do cal era xornalista Stanley, así como dos diarios de Livingstone.
    A partir da personalidade polifacética do Dr. David Livingstone, escocés de nacemento, exemplo de home feito a si mesmo, que gozou de grande fama durante a súa vida e converteuse en heroe do Imperio Británico despois da súa morte, reflexionamos sobre a expansión e colonización británica no continente africano na segunda metade do s. XIX. Grandes exploracións, avances médicos, fervor relixioso e posicionamentos éticos: David Livingstone é un bo exemplo de todos eles, mais a súa vida e a súa acción non se podería entender sen reflexionar sobre os intereses políticos e económicos que levaron a Gran Bretaña a se converter no imperio colonial máis extenso neste período.

    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

    Concerto para clarinete e orquestra en la maior (K. 622) de W. A. Mozart: https://musopen.org/music/2354/wolfgang-amadeus-mozart/clarinet-concerto-in-a-major-k-622/
    16 min
  • "El concepto es el concepto". Reflexións sobre o Imperalismo
    EPISODIO 10. TEMPORADA 01
    Achegámonos ao último terzo do s. XIX, á Era do Imperialismo, tal como a denominou o historiador británico Eric Hobsbawm. E a partir da configuración dos grandes imperios coloniais, reflexionamos sobre o poder das palabras, dos conceptos, para construír realidades. Viaxaremos no tempo na busca do imperialismo, colonialismo, colonización, neocolonización, até chegar á nosa era, á da globalización. Porque as palabras teñen o seu valor, en historia non nos abonda co típico: “Chámalle X”.

    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    https://www.youtube.com/watch?v=B3o1o4_D1P8. Bob Marley- Place of peace (acoustic).
    13 min
  • Por que? Por que? A expansión imperialista no s. XIX
    EPISODIO 09. TEMPORADA 01
    No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias emerxentes de Estados Unidos ou Xapón, que van xogar un papel tan destacado nas seguintes décadas.
    Neste episodio preguntámonos sobre as causas desta expansión territorial e por que aconteceu nesta fin de século XIX. Presentaremos os variados factores económicos, demográficos, políticos e ideolóxicos que os/as historiadoras sitúan detrás deste proceso que muda as relacións a escala mundial, e das que aínda vivimos as súas consecuencias. Como ben expuxo Lenin no seu libro publicado en 1917 “O imperialismo, fase superior do capitalismo”, a historiografía destaca os factores económicos coma os principais para a explicación deste expansión e consolidación de imperios coloniais no s. XIX.
    Neste episodio facemos preguntas, ás que tentamos dar resposta. Mais tal como escribiu G. Bernard Shaw, gustaríanos poder dicir: “Algunhas persoas ven as cousas como son, e din: Por que? Eu soño as cousas que nunca foron, e digo: Por que non?”.


    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

    A música permite seguirnos a facer preuntas, da man do grupo Va-Nu-Pieds, co extracto da cación “Pourquoi” https://www.youtube.com/watch?v=yeUNuAmZEO8; así como do moi coñecida peza de Annie Lennox, Why: https://www.youtube.com/watch?v=ORyhMwDUPPw
    19 min
  • A Revolución non se fai nun día. As etapas da Revolución Francesa
    EPISODIO 08. TEMPORADA 01
    A Revolución Francesa foi un proceso longo, que se estendeu por un período de 10 anos, entre 1789 e 1799, aínda que hai historiadores que inclúen tamén nela o período napoleónico (até 1815). A través da vida de Olympe de Gouges, mergullámonos nas diferentes etapas deste proceso revolucionario.
    18 min
  • 1789. Por que? As causas da Revolución Francesa
    EPISODIO 07. TEMPORADA 01
    1789 é para a historiografía un ano singular: marca o comezo da Revolución Francesa, mais, ao mesmo tempo, da Idade Contemporánea. Neste episodio analizaremos o simbolismo desta data e dalgúns dos acontecementos que tiveron lugar. Por outra banda, preguntarémonos sobre as causas que levaron a que neste ano comezase a Revolución Francesa.

    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    As músicas de Facemoshistoria:
    Marias Callas. Luigi Cherubini:
    https://musopen.org/music/1306/various/maria-callas-by-various-artists/
    Son de multitude:
    www.freesound.org/people/Robinhood76/sounds/63717/
    15 min
  • A chegada dos Borbóns á península: absolutismo e centralización
    EPISODIO 06. TEMPORADA 01
    A morte de Carlos II sen descendencia vai provocar unha guerra para determinar a sucesión ao trono hispánico. A Guerra de Sucesión é un auténtico conflito internacional onde se dirime a hexemonía política en Europa. Ao mesmo tempo é unha guerra civil dentro dos reinos hispánicos, de onde vai saír triunfante Filipe, candidato francés apoiado moi maioritariamente no reino de Castela. A chegada dos Borbóns a Madrid supón a chegada do absolutismo e dunha política de centralización e castelanización administrativa dos reinos da Coroa hispánica.
    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    As músicas de Facemoshistoria:
    Sebatián Durón: Ay de mi, que el llanto y la tristeza. Interpretación: Vivir para amar -- Ein Leben für die Liebe. Accentus Austria. Leitung: Thomas Wimmer https://www.youtube.com/watch?v=twE9zNdsM9A
    Domincio Scarcalatti: Aria (Sonata) K. 32:
    https://www.youtube.com/watch?v=qtS-e6rb9YY
    Gaspar Sanz: obras variadas, intepretadas por Gérard Reyne:
    https://www.youtube.com/watch?v=u4H3Q1nCeP
    15 min
  • Yes, we can!: Liberalismo e o nacemento dos EE.UU.
    EPISODIO 05. TEMPORADA 01
    Viaxamos desde a actualidade das eleccións nos EE.UU. até a segunda metade do s. XVIII, onde analizaremos como os habitantes das trece colonias británicas en Norteamérica erguéronse contra o poder da metrópole e constituíronse nun novo país, o primeiro rexido polos principios da Ilustración, cunha Constitución escrita que consagraba os principios democráticos. Mais antes visitamos Inglaterra, onde veremos rodar a cabeza dun rei e a instauración dun réxime coñecido coma monarquía limitada.

    CRÉDITOS:
    Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
    As músicas de Facemoshistoria:
    https://musopen.org/
    Henry Purcell, Sonata en C maior: https://musopen.org/music/4030/henry-purcell/sonata-in-c-major-z808/
    Henry Purcell, Sonata en D maior:
    https://musopen.org/music/4029/henry-purcell/sonata-in-d-major-z850/
    Himno dos EE.UU.:
    http://www.nationalanthems.info/us.mp3
    16 min

About Facemos historia

From the publisher's feed

Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.