Primeira reunión ordinaria do consello da Xunta neste novo curso político... O presidente da Xunta deu conta dos traballos que se están a realizar pra evita-las escorrentías, en diálogo coas confederacións hidrográficas, e adiantou tamén algunhas iniciativas sobre ensino, que de seguida lles ampliamos...
Hai máis asuntos na actualidade, Xosé Manuel García
- Abertas as 16 oficinas que axudarán ós afectados polos lumes a tramita-las axudas aprobadas. Tamén se pode facer por internet.
- BNG e PSdeG reúnen ós seus alcaldes e cargos nas zonas afectadas polos lumes, e apostan por mellora-la prevención
- O curso comezará cunha manifestación o día 13 e unha folga xeral o 25, contra a política de recortes e precarización da Xunta
- Comenza a vendima na DO Ribeira Sacra, que non agarda que haxa excedentes este ano, grazas ó aumento das vendas e a caída da produción
- Os colectivos pola recuperación da memoria rexeitan acompañár ó secretario de estado a Meirás polo inicio da declaración como lugar de memoria, que levan pedindo dende 2021
- No tempo, chega unha nova fronte
Escuchar audio