O pazo de Meirás é do pobo. O que foi un cántico e reivindicación popular durante anos ven de ser ratificado polo Tribunal Supremo, que avala a decisión da audiencia da Coruña e desbota tódolos recursos. Queda só que a xuiza da Coruña aclare a indemnización á que puideran ter dereito os Franco polos anos que o mantiveron.
A lista de agarda para operarse segue medrando, ata os 73 días, e tamén as consultas e probas diagnósticas.
A CIG denuncia cunha xornada de folga na atención primaria que o proceso aberto para a mellora deste nivel asistencial é un paripé.
AEMET confirma que o inverno foi cálido e moi húmido: choveu un 62% máis do normal. E no tempo hoxe temos unha tregua, antes da volta das chuvias pola noite.
Escuchar audio