A situación das obras da avenida portugal en Ourense enléase, o bloque nacionalista desvelou que a empresa concesionaria das obras Opain declarouse insolvente no mes de agosto, e denuncia que o concello durante todos estes meses sabía da situación e comprometeu, por esta razón, a finalización das obras, que lembremos levan dúas semanas paradas oficialmente.
Ademáis hoxe comeza unha nova semana de folga. Os médicos reclaman un estatuto propio con paros intermitentes e indefinidos ata que resolvan a súa situación. tamén os traballadores de iberdrola maniféstanse para pedir melloras das condicións salariais.
E as historias agochadas da literatura, os segredos mellor gardados dos escritores universais son o material do que parte o o investigador e crítico literario Armando Requeixo para o seu último libroo "Literatura insólita". poderemos saber máis na presentación que ten esta tarde ás Ás sete e media da tarde, no Liceo, e antes aquí, nuns minutos no tempo da entrevista.
Escuchar audio